Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

O salón de eventos, vodas e grandes celebracións “Si Quero” consolídase en Pontevedra.

Carlota Román destaca que, despois do éxito da primeira edición, boa parte dos expositores repiten.
 





Todo listo para a apertura do Salón de Eventos, Vodas e Grandes Celebracións "Si Quero". A cita é no Recinto Ferial de Pontevedra durante a fin de semana do 8 e o 9 de febreiro. A concelleira de Promoción Económica, Emprego e Turismo, Carlota Román, presentou hoxe un evento que se consolida despois da súa estrea o pasado ano.

 

A feira, que abrirá en horario de 11 horas a 20.30 horas, contará coa participación de preto de 50 expositores de todos os sectores relacionados coa organización deste tipo de eventos. A entrada ten un prezo de 1,50 euros e os nenos pasan gratis. Os asistentes participarán nun sorteo dun cruceiro polo Mediterráneo, con duración de 7 noites para dúas persoas para o público asistente. Cortesía de viaxes El Corte Inglés e Costa Cruceros.

 

Carlota Román subliñou que o programa feiral de Pontevedra comeza o ano con fortaleza, pois o salón de vodas celébrase tan só unha semana despois da feira de oportunidades "Stock Pontevedra, que arranca mañá, venres.

"Si Quero" naceu, explicou Román, como un intento de dinamizar sectores de produtos e servizos implicados na organización dun evento ou celebración, especialmente vodas. O obxectivo é poñer en contacto potenciais clientes con empresas e profesionais que poden ofrecerllelos seus servizos.

A primeira edición superou as expectativas e captou uns 2.000 visitantes. Román subliñou que trátase dun público de calidade, que acode a "Si Quero" cunha motivación concreta. Así exemplificou que se tan só a metade dos visitantes son persoas que están pensando en casarse ou organizar un evento social ou empresarial, e se a metade desa metade acaba contratando coas empresas presentes, a feira merecería sobradamente a pena.

 

O salón vai ocupar unha superficie próxima aos 3.000 metros cadrados do Recinto Ferial e trabállase para garantir a calidade do espacio expositivo. A oferta incluirá unha pasarela na que están programadas diferentes actividades ...

 

En "Si Quero" poderá coñecerse a mellor oferta existente nos sectores de Catering, Xastres e modistos, Zapatería, Detalles de voda, Confitería e Repostería, Coches clásicos, Animación, Hoteis, Tendas de roupa, Carpas e estruturas, Música clásica, Floristería, Autobuses, Restaurantes, Vestidos de noivo e noiva, Deseño e impresión de invitacións e cartelería, Música de festa,  Axencias de Viaxe, Fotografía e Financiamento.

Visit Pontevedra