Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Pontevedra acode a Fitur 2013 cun enfoque centrado nas Redes Sociais e o loro Ravachol

Carlota Román subliña a austeridade e a profesionalidade coa que se participa na Feira do Turismo.





A utilización da figura icónica do loro Ravachol, a aposta polas novas tecnoloxías e a austeridade serán as tres notas características da campaña de Pontevedra na Feira do Turismo (Fitur), que se celebra en Madrid do 22 ao 26 deste mes.

A concelleira de Turismo, Carlota Román, presentou hoxe o operativo, que marcará unha liña de continuidade coa política turística municipal, envorcada durante todo este mandato municipal no potencial que ofrecen Internet e as Redes Sociais.

A responsable municipal asistirá a Fitur o venres, 24, pechando así as tres primeiras xornadas dedicadas aos profesionais. Tres días nos que se manterán contactos bilaterais con autoridades, axentes de viaxe e organizadores de eventos. Pontevedra disporá de dúas persoas encargadas da promoción da cidade. Entre os seus cometidos estará a utilización do loro Ravachol. Os participantes e visitantes de Fitur serán invitados a fotografarse con peluches de gran formato de Ravachol. Tamén haberá un intercambio fotográfico coas mascotas ou imaxes corporativas doutras cidades, comunidades ou países. Ademais, proxectaranse os vídeos de Pontevedra é un Amor, Viaxando con Diego e o Festival da Luz.

A campaña fotográfica co loro será especialmente intensa nas xornadas dirixidas ao público, que son o sábado, 25, e o domingo, 26. Turismo de Pontevedra animará aos visitantes a posar co loro. Para elo organizará un concurso de Facebook entre todas as fotos etiquetadas e compartidas facendo referencia a Pontevedra e a Visit-Pontevedra. Os gañadores obterán dúas fins de semana na Capìtal das Rías Baixas.

Carlota Román destacou que Pontevedra estase a facer un oco na Internet como demostra o avance das referencias á cidade en Google ou os vídeos máis vistos en Youtube, nos que o de Diego Pons sobre a nosa cidade superou xa hai tempo as 160.000 visitas.

A concelleira destacou tamén que a crise nótase en Fitur xa dende hai un par de anos coa perda de grandes expositores nacionais. Carlota Román subliñou que o stand de Pontevedra sempre estivo encadrado no operativo de Turgalicia "e nunca cheirou a polbo á feira nin serviu albariño".

Visit Pontevedra