Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Pontexogos, a iniciativa lúdico-comercial de Promoción Económica ten superado xa as 13.000 visitas.

Carlota Román destaca a aposta da Concellaría de Promoción Económica pola conciliación familiar e o apoio ao comercio local





"Pontexogos", a iniciativa de conciliación familiar que a Consellaría de Promoción Económica puxo en marcha cada Nadal para facilitar as compras no comercio local, está a conseguir un notable éxito de público, alcanzando na súa primeira semana máis de 13.000 visitas polo que se espera que esta edición de 2013 supere as case vinte mil do pasado ano. A día de hoxe pasaron pola carpa de 6.510 rapaces e polo carrusel pasaron 6.743 rapaces.

Concibida como unha proposta lúdica, pero de vocación comercial, Pontexogos permanecerá aberta ata o 4 de xaneiro. Nesta edición chega cunha gran carpa para acoller a chamada "fábrica de sonos" e repite o carrusel que xa forma parte da paisaxe urbana de Pontevedra durante o período de Nadal-Reis.

É de destacar que a "fábrica de sonvos, a gran carpa operada por gnomos que ocupa a Praza de España, está a ofrecer un completo programa de actividades. A súa programación está dividida por "estacións" nas que, por exemplo, pode participarse en cursos de cociña impartidos por un mini xefe de cociña experto en galletas, doce, masas, chocolate e mesmo comida para celíacos; hai tamén talleres artísticos e musicais, inchables, futbolínes, concertos, representacións teatrais e de monicreque e, por suposto, inchables. No exterior, os usuarios poden gozar, como nos últimos catro anos, do carrusel.

O obxectivo da Concellaría é que "Pontexogos" sexa accesible, en condicións de igualdade, a todos os rapaces pontevedreses con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, e para iso recorreuse a unha enxeñosa fórmula.

A entrada custa só 3 euros, e todo parece indicar que a pesar da crise, os pontevedreses acolleron de bo grao este importe, que a concelleira Carlota Román, cualificou de simbólico, xa que consiste nun billete de compra revertible no comercio local cun importe de tan só tres euros.

O recinto permanece aberto en xornada de 11.30 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.30 horas e "Pontexogos", afiánzase un ano máis, como unha referencia lúdica das Festas Do Nadal.

Visit Pontevedra