Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

A sexta edición PontedeTapas cubriu as expectativas coas que botou a andar e reforza a marca Pontevedra.

A sexta edición do concurso gastronómico impulsado pola Concellería de Promoción Económica, Emprego e Turismo concluíu este domingo cun resultado de 32.000 tapas e 2.000 cócteles vendidos.





A concelleira, Carlota Román, calcula que o impacto económico sobre a hostalería local é duns 100.000 euros. Un cálculo, destaca, moi conservador porque aos 1,50 euros da tapa súmanse só outros 1,50 euros da bebida.  Á parte, os cócteles, vendidos ao prezo unitario de 2,50 euros.

Nesta edición participaron un total de 52 hostaleiros, que concursaron en tres modalidades: tapa creativa, tradicional e cóctel. A modalidade de tapa creativa foi a que tivo maior aceptación entre o público, dado que algúns dos locais que ofrecían este tipo de proposta gastronómica superaron o milleiro de unidades.

Durante a tardiña do próximo luns, día 16, celebrarase a gala final de PontedeTapas na que participarán os locais preseleccionados polo xurado profesional en cada unha das modalidades (tres por cada unha delas, agás en tapa creativa, na que se produciu un empate, polo que hai catro), que son os seguintes:

Tapa Creativa:

  • El Cafetín: "El huevo de otoño".
  • La Tienda de Clara: "Menú".
  • Loaira: "Boletus edulis, xema de ovo e espuma de pataca trufada".
  • Meigas Fóra: "Conejo comecastañas".

Tapa Tradicional:

  • A Trigueira: "Filloas de leña".
  • Sidrería Montañés: "Vieira con torresmo e crema de fabas de Lourenzá".
  • Taberna Zentola: "Tosta crocan-t-d-bacon".

Cócteles:

  • Cervecería PTV: "Pícnic de xenebra".
  • Flanagan: "Finoca".
  • Pub Marilyn: "Amarelo Marilyn".

Cada local elaborará a tapa ou cóctel en directo e o xurado volverá probar e valorar cada unha delas para determinar o nome do gañador en cada unha das modalidades. Estará presidido por Pepe Solla e contará tamén con Benigno Campos (programa Larpeiros da TVG), Eva Pizarro (restauradora e gañadora do concurso Nariz de Ouro), Nieves Rodríguez (presentadora TVG) e Alfonso Cabaleiro (xerente de Galicia Calidade).

Aos premios do xurado engadiranse dous premios especiais que sairán do escrutinio da votación popular, á mellor tapa e ao mellor cóctel.

A gala concluirá co sorteo dos 12 premios para o público que depositou a súa papeleta nas urnas habilitadas en todos os locais. Haberá un primeiro premio consistente nunha viaxe a Viena para dúas persoas e outros 11 de cheques regalo para comprar no comercio local ou na Praza de Abastos, con importes que oscilan entre os 100 euros e os 400 euros.

Carlota Román considera que PontedeTapas é xa unha cita estable do calendario turístico pontevedrés, moi valorada polos empresarios da hostalería local, porque cobre unha ponte estratéxica en plena temporada baixa.

Por outra banda, esta edición introduciuse de pleno na estratexia municipal de promoción turística da cidade a través da Internet e as Redes Sociais. Organizáronse varias visitas de bloggers, xornalistas especializados e tamén actores e presentadores galegos. Todo elo contribuíu a espallar as novas sobre o evento, publicitou as propostas dos locais 52 participantes, e exerceu como factor de atracción a Pontevedra.

Visit Pontevedra