Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Pontevedra acollerá os os próximos días 22 e 23 de novembro a terceira edición de "Unirede", o Foro Galego da Web 2.0

Unirede", congreso dedicado ás Redes Sociais e á Comunicación Corporativa a través da Internet, chega co patrocinio da Concellaría de Promoción Económica e traerá á cidade aos promotores de proxectos de sona en espazos tan dispares como a gastronomía ou o servizo de taxis.





Pontevedra acolle esta fin de semana a terceira edición de "Unirede", o congreso dedicado ás Redes Sociais e á Comunicación Corporativa a través da Internet. Chega co patrocinio da Concellería de Promoción Económica e impulsado polo Foro Galego da Web 2.0.

O evento, que se vai celebrar no Centro Sociocultural de NovaGalicia Banco, foi presentado hoxe pola concelleira, Carlota Román e Xosé Manuel García, xornalista da Radio Galega e membro do Foro Galego. Estrutúrase nunha primeira xornada este venres baixo o epígrafe "Unirede Emprende", enfocada a empresarios; e outra máis xenérica e aberta, o sábado, máis acorde coas anteriores edicións.

As inscricións poden realizarse a través do sitio www.forounirede.com ata o comezo do congreso, onde tamén é posible descargarse o programa completo e consultar a listaxe de relatores.1

Carlota Román destacou que o ano pasado xa se celebrou un congreso similar, chamado Ponte na Rede, pero para este ano optouse por captar o evento do Foro Galego da Web 2.0, que ata agora tiña sede en Santiago de Compostela.

José Manuel García explicou que este ano chega coa novidade do venres dedicado ao "Unirede Emprende", na que se ofrecerán relatorios sobre a importancia da web 2.0 e se falará de proxectos empresariais de éxito baseados no márketing online. O sábado celebrarase a terceira edición do Foro Unirede que terá un enfoque multisectorial e abranguerá os eidos do Márketing e a Comunicación, Turismo e Gastronomía, Tecnoloxía e, finalmente, Moda e Tendencias. Nas dúas xornadas haberá obradoiros específicos para mellorar as habilidades dos participantes nos Social Media.

O experto engadiu que "Unirede" chega a Pontevedra polo apoio da Concellería de Promoción Económica e Turismo e tamén para apoiar a forte aposta que este departamento está a realizar pola difusión turística da cidade a través das Redes Sociais.

 

Entre os ponentes de "Unirede" destacan Fátima Martínez, consultora de Social Media e titular do blog "Luces y sombras de las marcas"; Juanma Romero, director adxunto de "Los Desayunos de TVE" e director e presentador do programa "Emprende", do Canal 24 horas; Javier Sanz, autor do blog "Historias de la historia", mellor blog cultural de 2012, e autor de varios libros; Alfredo Vela, o tuiteiro máis activo de España, con máis de 294.000 actualizacións, e Eva Collado, consultora en Recursos Humanos e experta en transformación de empresas, innovación e novas tecnoloxías.

En canto ás experiencias empresariais con proxección na Rede e das que se poderá aprender durante estas dúas xornadas figuran TaxiOviedo, Minipunk Arias (Reformas Arias), Vivir Galicia (turismo), o cociñeiro Pepe Solla ou "Proyecto: 5 euros al día", que desenvolve menús por este prezo para unha familia de catro membros. A Concellería de Turismo de Pontevedra exporá tamén a aposta polas Redes Sociais para a promoción da cidade e a introdución da icona do loro Ravachol como imaxe da cidade.

Carlota Román destacou o completo programa feiral e congresual pontevedrés deste ano, con máis de 15 eventos celebrados, nun momento en que todas as cidades feirais galegas están a padecer a crise. O éxito pontevedrés radica, subliñou, na aposta por actividades de tamaño medio e no carácter céntrico do Pazo da Cultura e o Recinto Feiral, o que reduce moito os gastos loxísticos e de transporte.

Visit Pontevedra