Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

PontedeTapas VI buscará este ano os mellores bocados nas modalidades de cociña creativa e tradicional

Na  sexta edición do concurso de tapas, que recupera o certame de cócteles, os gañadores serán decididos por un xurado profesional e polo público





A sexta edición do concurso PontedeTapas chegará aos locais de hostalería de Pontevedra entre os días 29 de novembro e o 8 de decembro, ambos incluídos. Esta nova convocatoria foi presentada hoxe pola concelleira de Promoción Económica, Carlota Román, quen anunciou novidades, entre elas a recuperación da experiencia da modalidade de cócteles.

O concurso, que chega precedido polo éxito das cinco anteriores edicións, focalízase así no outono, para cubrir dúas fins de semana e coincidir definitivamente coa ponte das xornadas festivas da Constitución e a Inmaculada. No acto de presentación participaron a xerente de Aempe, Diana Pastoriza, e os hostaleiros locais Pablo Fontenla e Víctor Romero.

A concelleira destacou que PontedeTapas é xa unha parte fundamental da programación anual de dinamización turística e empresarial da Concellería e que o propio sector da hostalería, que foi involucrándose cada vez máis, considérao xa imprescindible. A gastronomía, lembrou, é unha das principais motivos de visita á cidade.

Esta sexta edición cambia de formato ao introducir dúas modalidades de tapas: Creativas e Tradicionais. E recupera tamén a dualidade nos premios, a través dun xurado profesional (que estará presidido polo cociñeiro Pepe Solla) e da  votación do público.

O prezo de cada tapa mantense inalterable en 1,50 euros, bebida non incluída. As tapas deben estar dispoñibles en cantidades suficientes no horario de 12.00 a 16.00 horas e 19.00 a 23.30 horas. Román destacou que o prezo non ten mudado dende que o concurso botou a andar. Paralelamente, o prezo unitario do cóctel será de 2,50 euros e, ao igual que as tapas, debe estar dispoñible para o público no horario de apertura dos locais de lecer participantes.

A inscrición para os hostaleiros está aberta ata o próximo venres, día 18. A cota de inscrición de cada local baixa ata os 80 euros. O formulario de inscripción está na web pontedetapas.eu

Carlota Román destacou que o xurado percorrerá os establecementos e determinará cales son as tapas que pasan á final en cada una das dúas categorías (creativa e tradicional) e na categoría de cócteles. O xurado reunirase e decidirá os gañadores nunha gala final de PontedeTapas a celebrar o día luns 16 de decembro, na que os finalistas elaborarán a súa composición en directo. Nesta mesma gala entregaranse os premios. O xurado outorgará tres diplomas aos gañadores de cada modalidade de tapas e cócteles. Haberá outro diploma máis, correspondente aos premios do público.

Entre o público que participe nas votacións se sortearán diversos premios en colaboración con AEMPE. O primeiro será unha viaxe e o resto, vales de compra no comercio local e no Mercado de Abastos.

PontedeTapas  VI buscará este ano os mellores bocados nas modalidades de cociña creativa e tradicional

Visit Pontevedra