Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Os comerciantes ofrecen o o desfile que formaba parte do programa de PONMO

Os comerciantes da rúa de Rosalía de Castro ofrecen mañán o desfile que formaba parte do programa de PONMO suspendido hai dúas semanas por causa da choiva





Un desfile na rúa, a cargo dos comerciantes do tramo peonil da rúa de Rosalía de Castro, pechará o programa de Pontevedra Moda (PONMO). O evento, que tiña que terse celebrado hai dúas semanas, coincidindo co programa do salón da moda, fora suspendido por mor da choiva.

 

A cita é mañá, xoves, ás 19.00 horas neste sector peonil da rúa (entre a praza de San José e o paso de cebra da Audiencia). A organización habilitará unha alfombra para o paso dos modelos e incluirá tamén música en directo.
O desfile contará coa participación dos comercios Quomo, Mepiachi, Boss two e Homes. Cada un dos catro establecementos ofrecerá catro estilismos coa roupa da nova temporada. Estarán completados coas gafas de Óptica Revenga e zapatos de Daniella.
Contan co apoio da Concellería de Promoción Económica, impulsora de PONMO, o equipo de organización do certame e a Asociación de Pequenos e Medianos Empresarios (Aempe).

 

Estímase que o evento pode ter unha duración próxima a unha hora e está completamente aberto a todas as persoas que queiran achegarse.
A concelleira de Promoción Económica, Carlota Román, aplaude a iniciativa deste grupo de comerciantes que quixeron sumarse a PONMO e, despois do contratempo meteorolóxico sufrido hai dúas semanas, insistiron en levar a cabo a iniciativa. Os desfiles na rúa, engade a concelleira, son un complemento perfecto para o certame da moda de Pontevedra e demostran a implicación dos comerciantes da cidade.

Visit Pontevedra