Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

PONMO conclúe con éxito de participación e recuperando a referencia de Pontevedra como a cidade da moda galega

A Concellería de Promoción Económica de Pontevedra estuda a continuidade do certame de cara a anos sucesivos





Pontevedra Moda (PONMO) concluíu o pasado sábado despois de tres días nos que a cidade recuperou o seu papel clave na promoción da moda e a creatividade galegas. O certame pechou con resultados que superaron as expectativas tanto pola satisfacción dos expositores (firmas comerciais e deseñadores), como pola repercusión dentro do sector téxtil.

 

A concelleira de Promoción Económica, Emprego e Turismo, Carlota Román, quere agradecer publicamente o esforzo do equipo de organización, composto por un grupo de mozos pontevedreses de diferentes sectores que fixeron posible a coordinación necesaria para que o completo programa de PONMO culminara con éxito. O equipo e a concelleira socialista están comezando a valorar a continuidade do evento de cara a anos sucesivos. Para elo analizarán polo miúdo a repercusión social acadada e valorarán todas as suxestións realizadas en canto a aspectos a potenciar e/ou mellorar.

Os primeiros datos indican que máis de 2.000 persoas pasaron por algunha das actividades relacionadas con PONMO. Cómpre lembrar que tratábase dun certame fundamentalmente profesional, estruturado ao redor de tres pasarelas con aforo limitado. Aínda así, diante da demanda de entradas, as dúas pasarelas do Recinto Feiral ampliáronse ata dar cabida a 500 persoas e as do Liceo Casino a unhas 300.

 

Carlota Román destaca que PONMO perseguía como primeiro obxectivo propiciar a interrelación entre os novos deseñadores e brindarlles un contexto para axudalos a introducirse no mundo empresarial. A segunda intención era a de apuntalar o programa feiral de Pontevedra cun evento de referencia e, finalmente, intensificar a colaboración público-privada neste tipo de actuacións. Afortunadamente, podemos dicir, que os tres obxectivos están sobradamente cumpridos, afirma a edil. Especialmente, destaca a interrelación que se ten producido entre Concello, empresas e asociacións de empresarios locais. Todos, incluída a hostalería, traballamos da man con intelixencia, xenerosidade e visión de futuro.

 

Por outra banda, as firmas participantes obtiveron retorno da súa presenza cun incremento no tráfico das súas referencias na Internet, así como a repercusión acadada nos medios de comunicación. Houbo referencias en multitude de blogs e webs especializadas en moda e "life-style", pero en redes sociais. Ao tempo, publicáronse artigos e reportaxes en medios xerais, tanto galegos como de tirada nacional, como La Razón. Sen esquecer as publicacións en revistas populares como Grazia ou Hola.

O "showroom" do Recinto Feiral e os desfiles na rúa foron outro dos puntos fortes. O espectáculo de animación de danza "Diviértete con Krack Kids", actividade infantil que se desenvolveu en diferentes prazas o xoves, tivo unha moi boa acollida por parte dos máis pequenos. Toda vez que a choiva do venres e sábado impediu a celebración de dous dos desfiles previstos co comercio local, na rúa de Rosalía de Castro e na praza de Méndez Núñez, a Concellería e os comerciantes estudarán a posibilidade de recuperalos noutras datas.

Tamén hai satisfacción polo impacto do programa de conferencias. A ofrecida por Carmen Lomana, a mesa redonda de Rosanna López, Silvia Candame e David Bragado, xunto coa charla de Alberto Rocha, acadaron plena ocupación.

Outro aspecto positivo foi o impacto da presenza en Pontevedra dos invitados "VIP" Carla Royo-Villanova e Carmen Lomana, que coa súa asistencia multiplicaron a repercusión e o impacto de PONMO e a propia cidade de Pontevedra.

Carlota Román e o grupo organizador queren recalcar que sen a colaboración dunha manchea de empresas e particulares, PONMO non tería sido posible. O agradecemento é para as firmas Mara Martín (Bodegas Martín Códax), Clínica Murillo, Javier Barrio Fashion, Novavila Enoturismo, Supermercados Froiz, Viuda de Cándido, Dengueandguap Desing Estudio, Mis Galletas y otras cosas, Blanco y Rey Asesores, SO, S.R.C., Mochi, Liceo Casino, CCU Zona Monumental, Hoaspo, Aempe, Museo do Traxe Juanjo Linares, AJE, Cointega, Fundación Novagalicia, Celtavisión, Pescamar, Platú, Lagasca Vintage, Frutas Nieves, Casa Winchester, Krack, Story, Lantero Embalaje, Calpurnia and Swamps, Marcos Suárez, Academia París, Lía Films, Alba Cabadas, Pin Factory, Espacio Arroelo, Beatriz Pintos Peluquería, Go Home!, The Glass Concept, o hotel Galicia Palace e o Parador de Turismo. Ademais, a título particular, agradecemento para Marcelo Dobode, Mauricio Rodríguez, Paula Bouzas, o equipo de protocolo da facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigo, o equipo de vestidores de Pin Factory, Guadalupe Murillo, Alberto Neves, Johnny Nonage, Fabiola Fernández, Antón Vázquez e José Manuel Rodríguez.

Visit Pontevedra