Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Carmen Lomana se incorpora a PONMO

A  popular colaboradora de televisión e coleccionista de alto cosido participará no desfile do sábado, ofrecerá unha charla sobre moda, e asinará exemplares de "O glamour intelixente"





http://www.carmenlomana.com/


O certame Pontevedra Moda (PONMO) fixo hoxe unha incorporación de última hora. Da man da empresa ALALÁ, firma galega de alta costura, confirmouse a presenza de Carmen Lomana no "front row" do seu desfile do sábado, 28 de setembro.


PONMO é un evento impulsado pola Concellería de Promoción Económica, Emprego e Turismo de Pontevedra e comeza esta tarde, co prato forte do desfile inaugural do Liceo Casino. Mañá venres abrirá un "showroom" con participación de 30 firmas galegas e acollerá o certame de novos deseñadores Mara Martín PONMONOVO. O sábado pecha coa pasarela PONMO. Ao tempo inclúe unha manchea de actividades paralelas e complementarias.


Carmen Lomana, especialista en moda e icona da elegancia, asistirá ao desfile de presentación da nova colección de ALALÁ e tamén ofrecerá unha charla sobre moda e glamour aos asistentes ao ciclo de conferencias PONMO, que terá lugar o sábado, 28 de setembro, ás 18.45 horas no Recinto Ferial. Ademais asinará exemplares do seu novo libro "O glamour intelixente", que dará comezo ao finalizar a súa charla.


Será a primeira vez en moito tempo que Carmen Lomana estea en Pontevedra e unha ocasión singular para reencontrarse cos seus recordos e corroborar o agarimo que lle profesa a Galicia.


Esta confirmación súmase á de Carla Royo-Villanova e Guillermina Royo-Villanova, que estarán acompañadas polos xornalistas de medios nacionais Paloma Barrientos, Adriano Silva (director da axencia IPA Press), Carlos Pérez Gimeno e Jesús Manuel Ruiz González e o fotógrafo de moda Jesús Briones.


Por outra banda, a concelleira de Promoción Económica, Carlota Román, inaugurará o "showroom" mañá, venres,a partir das 12.00 horas.

Visit Pontevedra