Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Carla Royo-Villanova , Princesa de Bulgaria, participará como membro do xurado do Certame Mara Martín de PONMO.

A princesa amadriña a Álex Regueiro e Alfredo Iglesias, responsables de ALALÁ Alta Costura, unha de marcas presentes na pasarela PONMO que promove Concellaría de Promoción Económica, Emprego e Turismo do Concello de Pontevedra





Carla Royo-Villanova participará como membro do xurado do Certame Mara Martín PONMONOVO que se celebrará no Recinto Feiral o venres 27 de setembro a partir das 21.30 horas onde doce novos deseñadores presentarán as súas propostas nun formato concurso.

 

Considerada como unha das mulleres máis elegantes de españa, a princesa Princesa de Bulgaria, Carla Royo-Villanova confirmou a súa asistencia aos desfiles que terán lugar a próxima semana dentro da programación de PONMO. Non é a primeira vez que a princesa visita Galicia, xa que Carla Royo-Villanova, amadriñou a ALALÁ Alta Costura, o sono de dous deseñadores composteláns Álex Regueiro e Alfredo Iglesias, creadores de sensibilidade cosmopolita. Alalá será unha de marcas que se subirán á pasarela PONMO o sábado pola noite e presentará a súa colección "O Xardín de Carla" da que é imaxe a princesa.

 

Escritora de fino humor e empresaria, a autora de "La Fórmula Feminina" centra a súa actividade en ampliar un proxecto persoal que, pouco a pouco, se asentou no negocio da beleza a través da importación e comercialización das cremas Rosa de Bulgaria, a venda de produtos on line, e a presenza da súa liña de cosmética en spasde prestixio como o tratamento «Roses for you» no Club Wellness by Kiara Kare, do Hotel Villamagna.

 

PONMO (Pontevedra Moda), que xorde ao abeiro da Concellaría de Promoción Económica, Emprego e Turismo do Concello de Pontevedra pretende inovar e referénciase. O seu responsable, Carlota Román, destaca que con esta iniciativa busca o obxectivo de continuar referenciando a Pontevedra nun sector estratéxico para toda a provincia e, ao tempo, reforzar a programación feiral e congresual da cidade cun evento de moda nacida con vocación aberta e integradora.

 

Visit Pontevedra