Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Carlota Román presenta a terceira edición do Foro sobre o Liderato Feminino e Empresa "Tempo de Mulleres".

La concejala declara que es una honra poder abrir una jornada de pensamiento libre e igualitario con la mujer como protagonista en Pontevedra.





Hoxe é 19 de setembro. Un día calquera que non coincide con ningunha das efemérides nas que acostumamos a celebrar e reivindicar os dereitos da muller. Hoxe, aquí, máis ben festexamos. E o que celebramos é a chegada a Pontevedra do Foro sobre o Liderado Feminino e Empresa "Tempo de Mulleres". A nosa cidade, despois de Zaragoza e Barcelona convértese no terceiro punto de encontro para parar e reflexionar sobre o papel que xogamos hoxe na sociedade todas aquelas ás que, por caprichos dos xenes, nos corresponderon dous cromosomas X.

Paréceme importante que non esteamos aquí a reivindicar, protestando ou reclamando, senón debatendo sobre o conseguido e o que falta aínda por conseguir. Molestándonos en mirar, de observar e sacar conclusións. E permitíndonos, ademais, o luxo de ser optimistas ao constatar o camiño recorrido, que é moito, e que ademais nos dá ánimos para continuar adiante ata que ninguén, absolutamente ninguén, sexa nunca máis discriminado por razón de xénero. Que a única limitación sexa a capacidade de cada aqueles quen e que o talento estea sempre por diante de calquera outra consideración.

Quen vos fala procede do ámbito da Educación e, agora, os ventos da vida e o meu compromiso militante cunha sociedade sen barreiras e sen discriminacións, leváronme ata a Política. Como concelleira de Promoción Económica, Emprego e Turismo dispoño dunha atalaia local privilexiada para ver os estragos que a crise está a causar. E non falo de macrocifras, nin ratios, nin indicadores. Falo de xente de carne e óso, á que poño cara diariamente. Non obstante, tamén me encontro con persoas con ganas de saír adiante, de emprender, de poñer en marcha actividades e iniciativas que redundan en beneficio da comunidade.4E sabedes que vos digo? Que unha gran parte desa xente vital e inconformista son mulleres. E, é máis, mulleres novas que non desfalecen e que como nós, ou as nosas nais, se pelexan a vida alá por onde van. E que aspiran a montar unha empresa, un desfile de moda, unha feira ou unha asociación de profesionais do turismo. Calquera cousa. As ideas non teñen fronteiras. O conformismo e a resignación, si.

Amigos e amigas, queda moito por facer. A plena incorporación da muller á sociedade non concluíu. É unha batalla que debemos seguir dando día a día, pero quizais xa con novas estratexias, porque o avance é imparable. Estamos preparadas e a sociedade tamén.

Sen que se nos esquece mirar atrás e agradecer ás mulleres que, antes ca nós, fixeron posible que hoxe presidamos comunidades autónomas e cada vez máis empresas e universidades (aínda que haxa veteranos varóns aos que lles siga custando facer sitio). Aquelas pioneiras achandaron un camiño que hoxe é moito máis livián e satisfactorio.

Conclúo agradecendo á organización de "Tempo de Mulleres" a súa aposta por Pontevedra. Dende o principio acolleron con entusiasmo a oferta que lle fixemos para recalar nesta esquina da fachada Atlántica. Tamén aos participantes neste foro, no que poderemos gozar dunha gran variedade de relatorios elaborados dende diferentes puntos de vista e un enfoque sempre ameno e orixinal. Espero que gocedes desta oferta singular que eu xa coñezo como asistente á última edición de Barcelona.
E ogallá, cando saiamos por esa porta, isto servise para que todos nos enriquecésemos nas nosas actitudes e conviccións (que nos petos está máis complicado) e, coas pilas ben cargadas, colaboremos con forza para construír unha sociedade á medida do ser humano. Sen distingos de ningún tipo.

Como di Noemí Boza, impulsora de Tempo de Mulleres, o pasado é dos homes. O presente xa estámosllo discutindo. O futuro debe ser de ambos os dous.

Visit Pontevedra