Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Mario Schumacher presenta en Pontevedra o seu libro “Un Viaje a las Emociones”

Schumacher, blogueiro e escritor, ofrecerá unha conferencia-coloquio a partir das 19.00 horas na Casa da Luz





O blogueiro referente no sector do turismo español, Mario Schumacher estará en Pontevedra mañá martes. Complétase así a programación de Verán organizada pola Concellería de Promoción Económica, Emprego e Turismo que tivo na Internet, e particularmente nas Redes Sociais, o seu epicentro.

O último fito desta campaña será a visita a Pontevedra deste organizador de eventos turísticos e experto en promoción. Ofrecerá unha conferencia-coloquio sobre a súa última publicación "Un Viaje a las Emociones". Será a partir das 19.00 horas na Casa da Luz. Están invitados profesionais do sector turístico, da comunicación e a promoción a través da Internet. Durante a sesión falarase polo miúdo sobre o impacto das redes sociais na promoción e difusión turística dos destinos.

Schumacher chegará a Pontevedra pola mañá e fará unha visita guiada ao Centro Histórico e ao Mercado de Abastos. Estará a disposición dos medios informativos a partir das 12.00 horas na Casa da Luz.

Mario Schumacher vive en Calpe (Alacante) e está absolutamente relacionado con todo tipo de proxectos Online de promoción turística, especialmente na Costa Branca.

Visit Pontevedra