Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

A Concellería de Turismo pecha o verán pontevedrés cun Festival da Luz nas prazas do Centro Histórico

O evento, que pecha a programación festivo-turística do verán, celebra a efeméride do 125º aniversario da chegada da luz eléctrica á cidade

 





concelleira de Promoción Económica, Emprego e Turismo, Carlota Román, presentou hoxe unha programación que bañará con luz de cor os edificios das prazas do Centro Histórico co fin de celebrar, durante a última fin de semana do verán, o 125º aniversario da chegada da luz eléctrica.

A celebración da efeméride chegará unha semana despois da Feira Franca e xusto antes da chegada do outono. Elixíronse as datas comprendidas entre o xoves, 12, e o sábado, 14, pensando tamén en contar coas mellores condicións de luz ambiental, dado que o Festival ofrecerase, durante estes tres días, en horario de 22.00 a 01.00 horas.

Carlota Román lembrou que a luz eléctrica chegou a Pontevedra no ano 1888. A cidade converteuse na segunda de España en contar con este adianto tecnolóxico. A concelleira lembrou que 125 anos despois, Pontevedra segue a ser referencia en iluminación pública, grazas á súa aposta polas novas tecnoloxías. Puxo como exemplos, as iluminacións da praza da Ferrería, a basílica de Santa María e o conxunto do edificio de Hacienda-San Francisco, onde se estrearon as tecnoloxías led. Lembrou que o Centro Histórico conta, ademais, cun Plan Director de Iluminación propio.

O Festival da Luz será unha oportunidade de gozar coa contemplación de singulares baños de cor, con tons cambiantes, postos ao servizo da beleza das prazas da Ferrería, do Teucro, Méndez Núñez, da Leña e da Verdura.

A concelleira destacou que, por razóns obvias, o epicentro estará na praza da Verdura, pois hai 125 anos, ruxía alí unha central eléctrica de carbón para levar o fluído aos farois. A actual Casa da Luz será obxecto dunha homenaxe histórica co acto inaugural do Festival o próximo xoves, en horario por confirmar. As súas fachadas darán soporte a un espectáculo de luz e son singular e innovador. Román dixo que cómpre gardar a sorpresa, pero anticipou que haberá efectos móbiles moi belos. Ao remate deste acto inaugural acenderanse simultaneamente os canóns que iluminarán as outras catro prazas.

O Festival da Luz recupera tamén o Cinema na rúa. A proposta é para a noite do venres, día 14, na praza da Verdura. Instalarase un vídeo-wall de 3x3 metros, composto por nove pantallas de plasma de máxima resolución. Reproducirase a película "Edison, o home", do ano 1940, e protagonizada por Spencer Tracy

Visit Pontevedra