Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

PONMO (Pontevedra Moda) presenta un programa que aposta forte polos novos deseñadores e marcas da moda galega

O certame que se celebrará entre o 26 e o 28 deste mes de setembro, nace cos brazos abertos a todas as institucións, empresas e profesionais que teñan algo que achegar





Pontevedra Moda (PONMO), que se celebrará entre os días 26 e 28 deste mes de setembro, revelou hoxe o groso da súa programación, composta por varios desfiles, un concurso de novos deseñadores, un "showroom" e actividades paralelas na rúa. O certame subirá á súa pasarela a preto de 20 deseñadores e cinco empresas que simbolizan os ventos de cambio na moda galega.

A falta de pecharse os últimos detalles do programa, a concelleira de Promoción Económica, Emprego e Turismo, Carlota Román, anticipou a súa satisfacción pola madurez que ten alcanzado un proxecto que naceu hai poucos meses, co apoio da Concellería, pero sempre da man dun grupo de novos profesionais pontevedreses. A concelleira estivo acompañada na presentación por representantes das empresas colaboradoras: María Garrido, responsable de Márketing das bodegas Martín Códax (patrocinador do desfile PONMONOVO, que leva o nome da referencia Mara Martín, un dos viños de Martín Códax); Lorena Casas, responsable de Márketing de "Global Retail" e a súa liña comercial "Krack" (que se sumou ao proxecto para ofrecer a súa nova colección de zapatos "Krack Kids") e Silvia González, xerente de Confecciones Story (que colaborará para completar os estilismos a partir dos deseños do padriño de PONMO, Gene Cabaleiro). No acto tamén estivo Jandro Villa, deseñador pontevedrés e responsable artístico de todo o proxecto.

Carlota Román recalcou que PONMO non substitúe ningunha actividade anterior, pero, en certa medida, cobre un baleiro. Destacou que é un proxecto  austero, adaptado aos tempos que corren, e que suple os orzamentos que se manexaban hai algúns anos cun esforzo en imaxinación. Unha iniciativa, engadiu, que nace cos brazos abertos e na que hai sitio para todas as institucións, empresas e profesionais que queiran e teñan algo que achegar.

A programación estrutúrase en tres días, entre o xoves, 26, e o sábado, 28:


Desfile inaugural. Xoves, 26 de setembro, no Liceo Casino, a partir das 21.00 horas.

 

Estará organizado ao redor das propostas de 5 deseñadores saídos da Escola de Moda de Pontevedra. Terá un formato de desfile de salón e cada creador participará con tres estilismos.


Poderán verse as creacións de Áurea Aburto, David del Río, Amai Rodríguez, Laura Otero e Yerai Suárez. (Máis información no dossier).
Certame Mara Martín PONMONOVO. O venres, 27, chegará o momento de contemplar as 12 coleccións dos novos deseñadores seleccionados sobre un total de 76 propostas chegadas á organización no prazo establecido. A cita será no Recinto Feiral, a partir das 21.30 horas. Competirán por facerse co premio á mellor microcolección e  ao mellor estilismo, dotados con 900 e 200 euros respectivamente, máis un obsequio.


Mentres o xurado delibera ofreceranse dous desfiles adicionais a cargo de dúas firmas "Nicanora" (marca galega que crea tiradas limitadas e continuas de pezas, rescatando teas descatalogadas e botóns antigos en mercadiños, sempre con técnicas e cortes sinxelos).  Presentarán en primicia a súa última colección "A nosa habitación do 87" baseada nun cadro familiar). A continuación será o momento de "Krack" (amosarán os últimos deseños en zapatos desenvolvidos pola marca afincada en Pontevedra en colaboración con Tania Pardo).


Os deseñadores seleccionados para o certame Mara Martín PONMONOVO son Clara Beltrán, Óscar González, Irene Varela, Leyre Valiente, Alberto Neves, Verónica Ouro, Mónica Guillán, Érase que se era, Sandra Fuente, María Viqueira, Alejandra Lorenzo e Charry Lamprea. (Currículums no dossier).

Showroom. Venres, 27 e sábado, 28 no Recinto Feiral.

Unha oportunidade de ver, e tamén de adquirir, as pezas das distintas coleccións de diferentes marcas galegas e españolas en diferentes subsectores relacionados coa moda e, xa que logo, non limitadas ao téxtil, senón tamén da xoiería, audiovisual, complementos... Estase pechando a relación de participantes e as perspectivas de completar unha oferta de gran calidade son moi boas.

Desfile final. Sábado, día 28, tamén no Recinto Feiral.

A cargo de cinco marcas galegas recoñecidas. O broche final chegará coa homenaxe a Gene Cabaleiro, coas pezas máis coñecidas do deseñador que apadriña esta primeira edición de PONMO complementadas con roupa de Confecciones Story e zapatos de Krack.

As cinco marcas galegas que darán contido a este desfile final, cun enfoque  máis comercial, son Baena, Dioxide, Hipotenûsa, Gonzalo Vázquez (GV) e ALALÁ Alta Costura. (Máis información no dossier).

PONMO na rúa.

O último dos eixes sobre os que pivota PONMO é o das actividades que se celebrarán en diferentes espazos públicos. Un apartado no que se traballa en colaboración con AEMPE e Centro Comercial Urbano Zona Monumental.
Xa se pode confirmar que a firma pontevedresa de tocados "La Prié" presentará a súa nova colección en data e espazo que se anunciará proximamente. A marca "Krack Kids" ofrecerá a súa nova colección o próximo día 26, entre as 18 e as 19 horas nas prazas de Barcelos, Ferrería e Curros Enríquez. Tamén pechado está o desfile do deseñador pontevedrés Javier Barrio o sábado, día 28, ás 13 horas, no Liceo Casino.
Un programa que continuará ofrecendo algunhas novidades máis que se están aínda a pechar co empresariado e a hostalería local.

Visit Pontevedra