Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Máis de 17.400 turistas pasaron polos puntos de información de Turismo de Pontevedra en agosto.

As estatísticas sinalan un importante incremento do turismo estranxeiro, e a alza de Internet como prescriptor de opinión de destino.





O mes de agosto pechou con cifras de afluencia aos tres puntos de información turística do Concello de Pontevedra algo inferiores ás rexistradas durante o ano pasado. O descenso foi dun 6,8% segundo as estatísticas elaboradas pola Concellería.
En total foron 17.461 as persoas que reclamaron información na rede municipal, composta pola Casa da Luz e as casetas da praza de España e Eduardo Pondal-Vialia.


A concelleira de Turismo, Carlota Román, lembra que trátase das estatísticas das persoas que acoden ás oficinas de turismo a reclamar calquera tipo de información, que non teñen que coincidir exactamente coas cifras reais de visitantes, nin coas de ocupación hoteleira, que, de feito, estiveron preto dunha media dun 80% con picos de ocupación do 100%.


As estatísticas das oficinas municipais demostran que o 80% do turismo que se achega a elas é de procedencia nacional, mentres que o 20% restante procede do estranxeiro. Sen embargo, ao estudar as variacións nestes dous grupos obsérvase que o turismo nacional descendeu por enriba do 10%, mentres que os visitantes estranxeiros creceron por enriba do 15%. Entre estes predominaron os portugueses (un terzo do total), seguidos dos franceses (14%) e os italianos (11%).


A media diaria de visitantes nas oficinas municipais de Turismo chegou ás 582 persoas e segue a confirmarse o peso crecente da Casa da Luz, especialmente no que se refire aos turistas estranxeiros. Dentro do turismo nacional, a maior afluencia procedeu de Madrid cun 23% dos nacionais, seguido do visitante procedente de Andalucía (16%). Cataláns e valencianos son os seguintes na estatística municipal.


Outro dato que, en opinión de Carlota Román, resulta moi satisfactorio é que se constatou que un 25,7% das persoas que se achegaron ás oficinas de turismo dixeron estar aloxadas en hoteis da cidade de Pontevedra, superando así ao 19% que proviña de establecementos de Sanxenxo. O resto chegou dende diferentes puntos de Galicia.


O 64% dos visitantes indicaron pernoctar en hoteis, un 12% no albergue de peregrinos, un 8% en residencias de aluguer, un 6% en casas rurais, un 5,8% en vivendas particulares e case un 3% en campings.
En canto ao rango de idades, predominan as franxas que van dos 31 aos 45 anos e dos 46 aos 60 anos, que absorben cada unha delas a un 30% do total. Case un 91% dos usuarios dos puntos de información turística indicaron que non coñecían Pontevedra e case un 60% do total chegou ata Pontevedra en coche particular.


As razóns para visitar Pontevedra están nas recomendacións que obtiveron a través de guías e/ou a Internet (38%), a atracción provocada polo clima e a paisaxe (35%), a realización do Camiño de Santiago (15%), o gusto pola nosa gastronomía (6%) ou a visita a familia e/ou amigos (5%).


Finalmente, un total de 551 persoas participaron nas visitas guiadas polo Centro Histórico. Entre elas había tanto turistas nacionais, como internacionais, pero tamén algúns veciños de Pontevedra que quixeron aproveitar esta oportunidade para coñecer mellor a súa cidade.

Visit Pontevedra