Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Pontevedra continua a súa aposta polo turismo náutico e os cruceiros coa visita de diversos navegantes do Yacht Club Classique (YCC)

Un grupo de 100 tripulantes procedentes de La Rochelle (Francia) coñecerán a cidade e terán unha recepción a cargo da Concelleira de turismo, a edil socialista Carlota Román





Carlota Román con Guillermo Gefaell, presidente del club Nautico de Aguete y uno de los tripulantes franceses.

Pontevedra ten todo os atractivos para os "navegantes" que visitan Galicia para que sexa incluída polas navieiras entre os lugares de maiores interese" Ese é a mensaxe que transmitiu a Concelleira de Turismo, Carlota Román, aos 100 tripulantes dos 10 iates clásicos que percorrerán os lugares máis emblemáticos de Pontevedra.

Estes barcos veñen da Baule (A Rochelle) e pertencen ao YCC (Yacht Club Classique), siglas en francés de club de iates clásicos da Rochelle e a travesía conta co apoio de AGABACE (Asociación Galega de Barcos Clásicos ou de Época)

Tras desembarcar en Aguete, os pasaxeiros visitaron o centro da cidade, onde poideroncoñecer de primeira man as prazas e o ambiente que estes días ten Pontevedra, a basílica de Santa María ou a Peregrina. Tras pasar polas Illas Ons e visitar boa parte das Rías Baixas o xoves visitarán Santiago, algo habitual en todos os programas de grandes navieiras como Cunard ou P&O, que cada ano traen a Galicia máis de 100.000 pasaxeiros. Posteriormente desprazaranse a Pedras Negras, para participar na II Regata dás Illas

E é que o turismo náutico e o mercado dos cruceiros é unha das apostas da concelleira de turismo, a socialista Carlota Román. Así, durante os meses de xuño e xullo, varios informadores turísticos puxeron a disposición dos cruceristas que arribaron ao porto de Vigo información sobre como acceder a Pontevedra por tren. Un traxecto que fixo as delicias dos que o gozaron, xa que bordea toda a ría de Vigo e ofrece os turistas unha excursión distinta ás habituais de Santiago ou Baiona e que ademais lles permitiu coñecer a vida e a gastronomía da nosa cidade.

Visit Pontevedra