Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Máis de 11.000 turistas pasaron polos puntos de información do Concello de Pontevedra

A Casa da Luz convértese na principal referencia de oferta de información turística da cidade





O mes de xullo pechou con cifras de afluencia aos tres puntos de información turística do Concello de Pontevedra algo inferiores ás rexistradas durante o ano pasado. O descenso foi dun 2,33% segundo as estatísticas elaboradas pola Concellería.

En total foron 11.746 as persoas que reclamaron información na rede municipal, composta pola Casa da Luz e as casetas da praza de España e Eduardo Pondal-Vialia, unha cifra que non se afasta moito das 12.027 do ano pasado.

A concelleira de Turismo, Carlota Román, considera que as cifras son moderadamente satisfactorias, tendo en conta o impacto da crise económica e as malas perspectivas xerais que había para todo o ano. Ao tempo, destaca que o mes estivo marcado por unha importante ocupación hoteleira derivada dos eventos patrocinados pola Concellería de Deportes, como os campionatos de España de Natación infantil e de Piragüismo Novas Promesas.

As estatísticas demostran que o 81,02% do turismo é de procedencia nacional, mentres que o restante 18,98% procede do estranxeiro. O descenso é lixeiramente superior no turismo nacional.

A media diaria de visitantes aproximouse ás 400 persoas e estase a constatar un peso cada vez maior na Casa da Luz como punto de referencia para obter información turística da cidade. Se ata este verán ás cifras de afluencia entre a Casa da Luz e a praza de España eran moi similares, nos últimos meses estase a constatar un peso cada vez maior do edificio da praza da Verdura, que informa xa un porcentaxe de turistas que supera o 40%. A tendencia é aínda máis acusada se temos só en conta o turismo internacional, pois chega ao 45% do total.

Dentro do turismo nacional, a maior afluencia procedeu de Madrid cun 21% dos nacionais, seguido do visitante procedente de Andalucía (18%). Valencianos e cataláns, son os seguintes. Entre os estranxeiros predominaron os portugueses (18%), seguidos de alemáns (14%) e franceses (13%)

O 23% dos turistas que visitaron os puntos de información de Pontevedra estaban aloxados na zona de Sanxenxo e un 21% na propia cidade. O 15% chegaron dende a zona do Salnés. A ocupación hoteleira rondou o 65%.

Visit Pontevedra