Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

PONMO vai tomando forma coa intención de que Pontevedra respire moda durante tres días

Pontevedra Moda (PONMO) abre os prazos para participar no Showroom e o Certame de Novos Deseñadores, y recibe o apoio das As asociacións empresariais locais.





Pontevedra Moda (PONMO) recibiu hoxe o respaldo oficial de todo o empresariado pontevedrés. Os presidentes da "Asociación de Jóvenes Empresarios", Lucía Pedroso; da Asociación de Pequenos e Medianos Empresarios, José María Corujo, e do Centro Comercial Urbano Zona Monumental, Miguel Lago, puxéronse hoxe a carón da concelleira de Promoción Económica, Emprego e Turismo, Carlota Román.

PONMO, que se celebrará os días 26, 27 e 28 de setembro entre o Pazo da Cultura e diversos espazos públicos da cidade, estrutúranse ao redor dun Showroom, que contará coa participación de empresas interesadas en amosar e promocionar as súas coleccións de roupa e complementos; unha Pasarela; un Certame de novos deseñadores e, finalmente, un programa de actividades en espazos públicos.

A concelleira destacou que esta primeira edición é o comezo dun longo percorrido e volveu remarcar que PONMO é unha iniciativa aberta a todos os que queiran estar e teñan ganas de achegar o seu esforzo para seguir referenciando a Pontevedra no sector da moda.

Carlota Román aproveitou o acto para animar aos empresarios do sector a sumarse a este proxecto, que nace coa frescura e as novas enerxías achegadas por un grupo de mozos e mozas da cidade. Desexou tamén que o público aproveite esta ocasión única para achegarse ás distintas propostas e actividades, todas elas de alto valor artístico e profesional, que van espallarse pola cidade. A concelleira avanzou que están deseñándose accións encamiñadas a involucrar ao comercio e hostalería locais, co obxectivo de que Pontevedra respire moda durante os tres días de duración de PONMO. Entre elas estará unha campaña especial de descontos e actividades de dinamización diúrnas e nocturnas que levarán o selo de PONMO na Rúa e PONMO Noite.

A concelleira destacou que xa están abertos os prazos de inscrición para participar no Showroom, que se ofrecerá no Recinto Feiral. As empresas interesadas poden facelas ata o próximo 1 de setembro e aproveitar así este incomparable escaparate para promocionar as súas coleccións. Ademais, as empresas que ocupen stands teñen aberta a posibilidade de desfilar na Pasarela.

Por outra banda, a organización está traballando no Certame de novos deseñadores, que chega patrocinado por Mara Martín, unha das marcas máis representativas da adega Martín Códax. O Certame estará dotado con senllos premios de 900 euros máis obsequio para a mellor colección e 200 euros máis obsequio para o mellor estilismo. Os gañadores gañarán o dereito a participar en accións promocionais e desfiles de Martín Códax e a customizar a botella de Mara Martín.

Os deseñadores de España e Portugal interesados en participar deben enviar seis bocetos ou fotografías de estilismos de home, muller ou mixtos, en formato PDF, ao enderezo novo@ponmo.com.  A data límite é o próximo 30 de agosto.

Finalmente, Carlota Román deu conta dos últimos avances cara a organización da Pasarela. Cando só transcorreron algunhas semanas da presentación oficial de PONMO xa confirmaron a súa presenza neste escaparate as firmas "hipotenûsa" (marca inspirada nas estruturas fractais, onde repetición e proporción xeométrica forman un todo), "Baena" (inicaitiva nacida do desexo de unir diversión, minimalismo, personalidade e confort para crear pezas de roupa) e "Dioxide" (estilo urbano, natural e confortable para vestir á muller e ao home de hoxe). Hai conversas con outras marcas interesadas en sumarse ao proxecto, que irán dándose a coñecer a medida que vaian concretándose.

Visit Pontevedra