Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Paseo Máxico por Pontevedra : Volven as visitas teatralizadas polo Centro Histórico

A compañía pontevedresa Migallas Teatro, a Concellería de Promoción Económica e Turismo e o Centro Comercial Urbano Zona Monumental (CCUZM) ofrecerán durante este verán visitas teatralizadas ao Centro Histórico de Pontevedra.




Carlota Román, con el representante de Migallas Teatro, Carlos Yus, y el presidente del CCUZM, Miguel Lago presentan las visitas teatralizadas, Paseo Máxico por Pontevedra

A actividade foi presentada hoxe pola concelleira, Carlota Román, acompañada do representante de Migallas, Carlos Yus, e describiu a iniciativa como unha divertida viaxe pola historia real e imaxinaria da Pontevedra medieval e renacentista, coa compaña de personaxes doutra época prestos a descubrir os segredos máis ocultos da cidade. Ao acto acudiu tamén o presidente do CCUZM, Miguel Lago.

Carlota Román describiu esta oferta como un xeito divertido de achegarse á historia de Pontevedra, unha cidade na que moitas das súas prazas e recunchos son, de por si, un escenario teatral. Enxalzou a elección  do horario nocturno, que coincide na franxa horaria na que os pontevedreses saímos a gozar da nosa cidade. Carlos Yus falou dun produto turístico e complementario e, de feito, indicou que aos visitantes se lles anima a que pernocten en Pontevedra e participen ao día seguinte nas visitas guiadas tradicionais.

Serán un total de 10 visitas, que comezan este próximo xoves en horario de 22.00 a 23.30 horas. O calendario cobre as xornadas dos días 18, 19, 20, 24, 26, 27, 30 e 31 deste mes de xullo e os días 1e 2 de agosto. Un xeito distinto e alternativo de coñecer o Centro Histórico e cun enfoque moi distinto ás visitas guiadas que se realizan durante o día.

Nestas visitas teatralizadas combínase a información cultural coas representacións teatrais. Os/as visitantes son conducidos por varios personaxes a modo de guías pola parte antiga da vila e, ao tempo que lles transmiten contidos sobre a súa historia dun xeito ameno e humorístico, ilustran as súas palabras coa evocación doutros personaxes vinculados ás prazas e rúas polas que pasan .

Neste percorrido, onde se evocarán feitos e personaxes históricos coñecidos como o "Fiel Contraste", Alonso de Fonseca, Tristán de Montenegro, Pedro Madruga, Paio Gómez Chariño, Xoán Nobre e Cornelis de Holanda... merecerán unha lembranza especial os homes e mulleres anónimos que habitaron nesta vila e arredores ao longo dos séculos.

Tamén haberá referencias a outros personaxes que, malia pertencer a épocas máis próximas a nós, contribuíron co seu traballo a recuperar e valorar o pasado da Boa Vila e a levar o seu nome fóra das nosas fronteiras, como Casto Sampedro e Castelao.

As visitas realizaranse en castelán, pois están dirixidas principalmente a persoas de fóra de Galicia.

A saída está prevista dende detrás da Casa do Concello e o prezo por persoa é de  5 euros. A actividade está prevista para todas as idades.

A venda de entradas realizarase, por orde de chegada, o mesmo día da visita desde as 21.30 horas ata a hora de saída no mesmo punto de inicio da ruta, detrás da Casa do Concello. Pódense reservar para calquera día durante os días anteriores á visita e, o mesmo día da visita, ata 4 horas antes do comezo desta, é dicir, ata as 18.00 horas, a través da páxina web www.migallas.com.

Podes reservar agora mesmo pulsando aquí.

O número máximo de participantes en cada visita é de 100 persoas. Destas  100 entradas, 60 pódense reservar con antelación, pero terán que adquirirse igualmente no lugar sinalado, entre as 21.15 horas e as 21.45 horas. As outras 40 venderanse por orde de chegada a partir das 21.30 horas. As entradas reservadas que non se adquiran antes das 21.45 horas serán postas á venda

Visit Pontevedra