Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Os cociñeiros pontevedreses renden homenaxe á Praza de Abastos

A Concellería de Promoción Económica organiza un "Showcooking" cos responsables de Solla, Room, Eirado da Leña, Román e A Punto




Los cocineros de pontevedra José Pou (Room), Iñaki Bertal (Eirado da Leña), Óscar Abal y Adrián Fuentes (A Punto) y Pepe Solla (Casa Solla) rinden homenaje a la Plaza de Abastos mediante un showcooking.

O primeiro andar da Praza de Abastos converterase durante toda a semana próxima nunha ventá privilexiada para admirar as artes nos fogóns dos cociñeiros responsables dalgúns dos principais restaurantes de Pontevedra e a súa bisbarra. A iniciativa da concelleira de Promoción Económica e Turismo, Carlota Román, permitirá que os chefs cociñen con produtos adquiridos na propia Praza e ofrezan degustación ao público que se achegue.

Á presentación de hoxe asistiron José Pou (Room), Iñaki Bertal (Eirado da Leña), Óscar Abal e Adrián Fuentes (A Punto) e Pepe Solla (Casa Solla). Participa tamén na iniciativa o restaurante Casa Román.

O Showcooking comeza este próximo martes, día 16, con Pepe Solla. O mércores será a quenda de Román; o xoves, A Punto; o venres, Eirado da Leña, e, finalmente, o sábado, pecha o restaurante Room. Todas as exhibicións comezarán a partir das 11.30 horas. Os cociñeiros traballarán na cociña cedida por Bioka e estarán apoiados cun micrófono e un equipo de megafonía para que as súas explicacións podan seguirse dende diferentes puntos do Mercado de Abastos. Ao remate de cada sesión ofrecerase unha degustación gratuíta.

Carlota Román presentou esta nova iniciativa como unha fórmula exploratoria das posibilidades do primeiro andar do edificio municipal. Agradeceu a colaboración dos cociñeiros pontevedreses, o que permite conxugar o dobre obxectivo de promocionar a Praza e a gastronomía local. Lembrou que a Praza é un dos principais activos turísticos da cidade e que esta iniciativa gastronómica forma parte da campaña de promoción turística para este verán.

En representación dos cociñeiros, Pepe Solla destacou que os profesionais da restauración teñan a obriga de coidar e enxalzar o produto fresco e a Praza de Abastos de Pontevedra segue a ser un referente, a pesares de que nos últimos anos este modelo de venda entrou en crise. Os cociñeiros, engadiu, son prescritores e desexou que durante esta semana sexan quen de transmitir o valor dun edificio histórico que xunta patrimonio arquitectónico e gastronómico.

Os chefs non quixeron adiantar os pratos que cociñarán, aínda que admitiron que a estrela será o peixe. Todo o produto que utilizarán será adquirido, a primeira hora, nos propios postos e bancadas do Mercado.



PROGRAMA:

 

• MARTES 16 DE JULIO: Casa Solla.
• MIERCOLES 17 DE JULIO: Casa Román.
• JUEVES 18 DE JULIO: Restaurante A Punto.
• VIERNES 19 DE JULIO: Restaurante O Eirado da Leña.
• SÁBADO 20 DE JULIO: Restaurante Room.


HORARIOS:


• Del 16 al 20 julio 2013 todos los días a partir de las 11,30 horas, en la planta superior del mercado de Abastos
de Pontevedra.
• Abierto al publico para que vea el show cooking.
• Los platos elaborados podrán luego ser degustados por los visitantes del mercado


 

Visit Pontevedra