Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Pontevedra acollerá os días de 12 e 13 de outubro a I Edición do Salón do Bebé

A proposta feiral, na que teñen cabida todos os sectores relacionados coa primeira infancia, nace co obxectivo de acadar as 5.000 visitas





O Recinto Feiral de Pontevedra acolle unha nova proposta feiral.  Chega á cidade, os días 12 e 13 de outubro, a primeira edición do Salón do Bebé.  O evento foi presentado hoxe pola concelleira de Promoción Económica, Carlota Román,  e a responsable da empresa promotora, Muéstralo, Iria Gómez.

Esta nova feira, que se incorpora ao calendario de 15 eventos feirais e/ou congresuais anunciado pola concelleira  o pasado mes de abril, nace co obxectivo de que profesionais e proxenitores coñezan as últimas novidades do sector, especialmente nos eidos da medicina, a educación e a alimentación, pero tamén nos da moda e o deporte.

Esta iniciativa, que pretende afianzarse no calendario feiral da cidade despois do éxito acadado pola Feira de Vodas, nace co obxectivo de axudar ás familias na súa nova etapa como pais, cunha oferta global para todos os servizos necesarios dende o embarazo ata os 3 anos.

Carlota Román destacou que Pontevedra ten un gran potencial  para acoller este monográfico, dado que as estatísticas oficiais demostran que somos unha cidade cunha poboación nova, cunha alta proporción de menores de 50 anos, e tamén cun dos índices de natalidade máis elevados de Galicia. Finalmente, destacou, non hai que esquecer a situación estratéxica de Pontevedra no Eixo Atlántico.

Iria González destacou que a organización traballa xa con establecementos dedicados ao bebé (mobiliario, moda "premamá" e infantil, puericultura...), así como con xogueterías, establecementos de alimentación, centros educativos e de psicomotricidade. Asemade, non renuncia á presenza no Salón de sectores tan innovadores para os máis pequenos como de empresas relacionadas co lecer para os nenos e os seus pais, entre as que citou as viaxes e o termalismo para os máis pequenos.

Ademais do propio espazo expositivo, a organización está perfilando un amplo programa de actividades e obradoiros impartidos por profesionais en temas tan importantes como o embarazo, a lactancia materna, os primeiros coidados, a estimulación do bebé, a alimentación nos primeiros anos de vida ou os problemas na fala, entre outros aspectos dos que poderán coñecerse máis detalles tralo período estival. Doutra banda, e tendo en conta que se trata dun salón infantil, a cita contará con actividades infantís, servizo de ludoteca e aparcadoiro para carriños. Finalmente, organizarase un concurso de fotografía de bebés.

Carlota Román e os responsables da organización estiman que este I Salón do Bebé podería superar os 5.000 visitantes, para o que apostarán por atraer un público integrado por nais e pais, aínda que tamén se agarda a presenza de profesionais do sector, como especialistas dos distintos sectores relacionados coa infancia.

Visit Pontevedra