Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

"Pontevedra Gastrónomica", un encontro de blogueiros que pretende dar a coñecer as excelencias culinarias da cidade

Turismo de Pontevedra organiza os días 28, 29 y 30 de xuño, Pontevedra Gastrónomica, un evento no que se darán cita algúns dos mais sobranceiros blogeiros de Galicia e de España.





Pontevedra Gastronómica enmárcase na aposta polas novas tecnoloxías de Carlota Román, Concelleira de Turismo do Concello de Pontevedra, e Conselleira Delegada da Sociedade Turismo de Pontevedra, que promove este evento, co concurso de diferentes colaboradores como a DO Rias Baixas, a navieira Nabia, o Hotel Rias Baixas, o Room, Bioka ou o grupo de panadaría Acuña

Pontevedra como capital das Rías Baixas recibe na súa cociña tanto excelentes carnes como o mellor do mar que procede tanto da súa Ría como da de Arousa. E iso caracteriza a súa gastronomía e a súa praza de abastos. Para dar a coñecer esta circunstancia Turismo de Pontevedra organiza os días 28, 29 e 30 de xuño, "Pontevedra Gastronómica", un evento no que algúns dos máis relevantes blogueros de gastronomía de Galicia e de España, realizarán diversas visitas e actividades tanto de índole turística como gastronómica.

A relación de blogueros invitados é a seguinte:

  • Carmen Albo: Guisandome a vida, prescriptora de opinión e colaboradora de medios de comunicación.
  • Mónica Castelao: Galicious Gourmet experta en turismo e deliciosamente galega no seu defensa do gastrónomo.
  • Alberto Ribas: Mais Grelos bloguero e viaxeiro.
  • Rubén Amorin: Nin mata nin engorda bloguero ourensán e gran divulgador dos produtos da terra.
  • Alfonso López: Receitas de rechupete, lider dos blogs gastrónomicos de España.
  • Erika Silva: Mercadotecnia Gastrónomico, blogera especialista sobre as novas tendencias en mercadotecnia e innovación para restaurantes.
  • Victor Blanco: O bandullo, o máis recoñecido video-blogero galego neste espazo.


O programa que abrangue tres días comeza o venres 28 de xuño por tarde cunha visita guiada polo casco vello á que segue unha cata no Pazo de Mugartegui, sede da D:O Rías Baixas, cea no restaurante Room e sesión de cócteles.El sabado haberá un showcooking no Mercado de Abastos, visita a Ons e cea no restaurante Rianxo, e un taller de cocktelería en "A Central.

As actividades finalizan o domingo con Almorzo en Ponte Doce, e un taller de empanadas, e unha comida de despedida. O meeting point do encontro será o Hotel Rías Baixas

Visit Pontevedra