Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

A cidade de Pontevedra contará con PONMO , un novo certame aberto a todos dedicado á moda.

PONMO  celebrarase a finais de setembro e incluirá un Showroom, unha Pasarela e un Certame para deseñadores noveis





Co impulso da Concellería de Promoción Económica, Emprego e Turismo nace "PONMO", unha proposta diferente e estruturada, por igual, ao redor das propostas das firmas e deseñadores consagrados e dos creadores noveis.

A concelleira Carlota Román fixo hoxe a presentación oficial dende a terraza do Centro Sociocultural de NovaGalicia Banco, acompañada do modista redondelano Gene Cabaleiro, quen actuou como padriño dun evento que nace con vocación aberta e integradora. Asistiron preto dun cento de persoeiros da sociedade e o sector, entre eles varios empresarios e blogueiros.

PONMO (Pontevedra Moda) é cambio, tendencia e creación. Un intento de volver posicionar á cidade no circuíto da moda cunha estética renovada, acorde co momento actual. Naceu froito da inquedanza da Concellería e da enerxía dun grupo de mozos e mozas pontevedreses que soñaron cunha pantalla onde exhibir as propostas dos deseñadores e facilitar as relacións coas empresas, os seus clientes en, en xeral, con todos os profesionais e consumidores de moda.

 

O evento, que estará montado no Recinto Feiral, estrutúrase en catro apartados complementarios. En primeiro lugar un Showroom que contará coa participación de empresas interesadas en amosar e promocionar as súas coleccións de roupa e complementos. O segundo apartado é a Pasarela que, a súa vez, estará dividida en pases dos deseñadores presentes no Showroom e un desfile final de deseñadores consagrados. A terceira parte é o Certame, que terá formato concurso, reservado ás propostas dos deseñadores noveis, que deberán presentar microcoleccións compostas por seis estilismos. Un xurado cualificado fallará os premios correspondentes á mellor colección e ao mellor estilismo. Finalmente, haberá actividades en espazos públicos da cidade que están aínda concretándose e serán anunciados máis adiante.

Os participantes en cada unha das actividades serán revelados cara o mes de agosto, unha vez que pechen os períodos de inscrición e se vaian materializando os contactos previos que xa se están a manter.

Durante a presentación desta tarde, Carlota Román definiu PONMO como unha aposta valente por cubrir un oco que quedou. Non obstante, recalcou que esta nova plataforma da moda nin pretende ser o que había nin pretende competir co que hai. É un produto diferente, con xente diferente e con espírito diferente. Non obstante, engadiu, está impregnada de vocación acolledora e nace cos brazos abertos para facer sitio a quen teña gañas de traballar e algo que achegar.

 

Destacou que PONMO é a consecuencia do inconformismo que impregna a xestión desta Concellería de Promoción Económica, Emprego e Turismo, sempre coa intención de xerar actividade socioeconómica para dinamizar Pontevedra.

Concluíu que PONMO é unha declaración de amor por Pontevedra e polo talento pontevedrés. Unha demostración da nosa vocación de apoiar aos emprendedores e, sobre todo, á xente nova con ideas frescas na cabeza que, especialmente  nestes tempos, precisa de alguén que confíe neles.

Finalmente, presentou ao padriño do acto: Gene Cabaleiro, unha das figuras históricas da moda galega e cun currículum que recolle a súa participación na pasarela Gaudí e mesmo en feiras como o Olimpia de Londres, o Pitti Uomo de Milán, Colonia, Nova York ou a feira do téxtil masculino de París. Persoeiros tan coñecidos como John Travolta, Elton John ou Pedro Almodóvar vestiron a súa roupa.

Visit Pontevedra