Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Turismo de Pontevedra participa no IX Congreso Internacional da Asociación de Feiras Españolas que se celebra estes días en Xixón.

A concelleira de Promoción Económica e Turismo de Pontevedra, Carlota Román forma parte dunha mesa redonda na que se falará do impacto económico do sector de Feiras, Eventos, e Congresos na Economía Española.





Carlota Román con Julio González Zapico, Director General de Turismo del Principado.


A concelleira de Promoción Económica, Emprego e Turismo de Pontevedra, Carlota Román, está en Xixón para asistir ao IX Congreso Internacional da Asociación de Feiras Españolas (Afe), que se celebra dende hoxe e ata mañá venres, baixo o lema "Creatividade e Colaboración".


Román está a manter contactos cos principais responsables de recintos feirais, entre eles o propio presidente de Afe, Vicente Serrano. Entre os asuntos que se están a debater na cidade asturiana figura a importancia da formación específica na organización de congresos feiras e eventos.


A concelleira pontevedresa toma parte tamén nunha mesa redonda na que se falará do impacto económico do sector de Feiras, Eventos, e Congresos na Economía española, algo que na cidade de Pontevedra xa está interiorizado, como proba a actividade feiral e congresual que se está a realizar. Estímase que o impacto económico dun evento feiral ou congresual é duns 300 euros por persoa e día.


Aproveitando este encontro nacional, a concelleira pontevedresa reuniuse tamén con Violeta Matas, xerente do Spain Convention Bureau, con quen falou sobre distintas posibilidades para continuar as accións de colaboración xa iniciadas en 2012, cando Matas visitou Pontevedra e impartiu un seminario sobre turismo de negocios na Casa da Luz.
Neste Congreso da Afe están a participar organizadores feirais públicos e privados, pazos de congresos, empresas provedoras do sector, turismo de negocios, asociacións empresariais, cámaras de comercio, concellos e diversos organismos públicos e privados.

Visit Pontevedra