Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Gastronomía, patrimonio, festas, accesibilidade e o loro Ravachol como icona da cidade serán os eixos da campaña de Pontevedra como Capital das Rías Baixas deste verán.

A campaña de promoción turística de Pontevedra que o Concello emprenderá este verán apóiase firmemente na Internet e nas Redes Sociais.





A campaña de promoción turística de Pontevedra que o Concello emprenderá este verán apóiase firmemente nas Redes Sociais. A concelleira Carlota Román presentou hoxe un amplo paquete de accións que pivotan ao redor de eixes como a gastronomía, o patrimonio histórico, as festas locais e a accesibilidade de todo o centro urbano.

Román subliñou que o obxectivo final é reforzar a mensaxe de que Pontevedra é a Capital das Rías Baixas e aproveitar ao máximo a súa calidade de vida e a súa posición xeográfica. Para elo non dubidou en tirar o máximo partido da figura de Ravachol, ao que pretende converter nun dos símbolos turísticos da cidade.

A campaña de verán está organizada en torno a oito accións específicas case todas elas apoiadas na forza das novas tecnoloxías:

1. Blogtrip gastronómico no que participarán media ducia dos máis coñecidos escritores de bitácoras especializadas existentes en España. Estarán a finais de xuño, durante tres días, un deles no primeiro andar da Praza de Abastos. Román destacou que repítese así a experiencia de novembro do ano pasado, que xerou un total de catro millóns de tweets.

2. Showcooking con presenza, en directo, de destacados cociñeiros, que elaborarán pratos e especialidades no primeiro andar da Praza de Abastos. Outra acción máis destinada a potenciar un edificio que, en si mesmo, é unha xoia e un dos principais activos turísticos da cidade.

3. Blogtrip orientado ao turismo accesible. Estará en Pontevedra Miguel Nonay, principal blogueiro deste subsector. Preténdese poñer así o foco nas características dunha cidade sen barreiras arquitectónicas e construída a "escala humana", polo que é cómoda e amable coas persoas con todo tipo de problemas de mobilidade.

4. Concurso de Facebook para sortear dous fins de semana para parellas en senllos hoteis, incluíndo unha excursión á illa de Ons. A campaña na páxina de Visit-Pontevedra nesta rede social constitúe unha novidade, pois non se tiñan organizado concursos deste tipo. Está apoiada tamén cuns banners no suplemento Viajeros do xornal de tirada nacional El País,  http://elviajero.elpais.com/

5. Campaña de márketing viral ao redor da figura icónica del loro Ravachol, o Loro de pontevedra, o protagonista do Entroido. A Concellería de Turismo dispón de catro peluches do paxaro, de 1,40 metros de altura, que viaxarán como eixe de accións presenciais en diversas cidades de Castela, a Cornixa Cantábrica, Cataluña e a Comunidade Valenciá. Haberá tamén difusión a través de Facebook, Twitter e Instagram. O famoso vídeo-blogueiro Diego Pons (responsable de exitosas campañas de Turismo de Escocia, Dinamarca e Francia) encargarase de promocionala para a Comunidade de Madrid.

6. Captación de turistas que arriban nos cruceiros ao porto de Vigo. Estímase en 50.000 os cruceiristas que chegarán este verán á cidade olívica. Para elo, Carlota Román anunciou que ten alcanzado un acordo con Renfe para que podan desprazarse unha mañá a Pontevedra cun billete inferior aos 6 euros.

7. Exposición fotográfica "O latexo das Prazas", formada por 12 imaxes do Centro Histórico que recollen a visión de coñecidos fotógrafos locais de prensa dos espazos máis característicos do Centro Histórico. A mostra pasou por Rianxo, está actualmente en Ourense e estará todo el mes de xullo no Centro Galego de Barcelona. A Concellería de Turismo está preparando unha segunda exposición cunha nova quenda de fotografías dos profesionais da prensa local.

8. Posicionamento na Internet das principais referencias de Pontevedra. Grazas a este traballo, alcanzouse xa o primeiro lugar en Youtube a través do vídeo de Diego Pons. Ademais, acadáronse os primeiros postos nas buscas a través de Google para as palabras clave Visit-Pontevedra, Turismo de Pontevedra e Ravachol, aínda que neste último caso cómpre vencer aínda a "competencia" do anarquista francés.

Visit Pontevedra