Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Pontevedra acolle ao O proxecto C3 que conleva a rodaxe de senllas curtametraxes sobre La Bella Otero, Maruja Mallo e María Casares

A "Pontevedra Film Commission"da Concellería de Promoción Económica de Promoción Económica e Turismo colabora activamente para facer posible esta producións audiovisuais sobre a traxectoria de tres mulleres galegas pioneiras no mundo das artes





A Pontevedra Film Commission, a oficina creada pola Concellería de Promoción Económica e Turismo como factor de atracción de producións audiovisuais á cidade, acadou o seu segundo froito dende a súa creación o pasado mes de marzo. A concelleira, Carlota Román, presentou hoxe a rodaxe en Pontevedra de tres curtametraxes sobre a traxectoria de tres mulleres galegas moi singulares, La Bella Otero, Maruja Mallo e María Casares, que teñen en común o feito de ter trunfado en Europa a principios do pasado século.

Carlota Román estivo acompañada de Beatriz Moares, Noelia Toledano e Noe Queipo, responsables deste proxecto, premiado cunha subvención polo "Instituto de la Juventud de España" (Injuve) como a mellor iniciativa xuvenil en 2013. As tres agradeceron o apoio da Pontevedra Film Commission e da concelleira Román, que fixo posible esta rodaxe.

A produción está impulsada por un colectivo denominado Proxecto C3, composto por 20 mozos galegos de distintas orientacións profesionais e que, na súa meirande parte, están actualmente desempregados. Un colectivo que ten non só inquedanzas artísticas, senón preocupación pola pobreza e a marxinación. De feito, escolleron as figuras destas tres mulleres pioneiras, nacidas en Valga, Viveiro e A Coruña nun contexto histórico moi restritivo, como exemplo de loitadoras que conseguiron saír adiante superando as dificultades. Un camiño que os mozos galegos de hoxe tamén deben percorrer por mor da crise económica.

A Film Commission estivo traballando nestes últimos días na localización de exteriores, contactou con proveedores locais e colaborou organización dun casting con vistas a facilitar a rodaxe que se vai realizar durante o martes, 28 e o xoves, 30 de maio. Os exteriores seleccionados son o Pazo de Lourizán e os seus xardíns, o Café Moderno, o Teatro Principal e varias casas particulares. Unhas localizacións que permitirán ver unha Pontevedra variopinta en cada unha das  curtas: clásica, modernista, señorial e mesmo "underground".

Nesta primeira etapa rodarase a curta de La Bella Otero e, nos próximos meses, as de Maruja Mallo e María Casares, sempre tomando a Pontevedra como plató principal.

O proxecto C3 (Camina. Cimenta. Crea) elaborará, ademais das tres curtametraxes, senllos libros biográficos visuais destas tres mulleres, que foron quen, dende os 18 aos 30 anos, de facer honra a estes tres verbos, converténdose en artistas moi relevantes en toda Europa e especialmente apreciadas en Francia. Cada unha das curtas terá un enfoque moi distinto: a da La Bella Otero máis persoal e fusionada cos seus pantasmas e renuncias persoais; a de Maruja Mallo, como un falso documental da súa vida contada por unha actriz que imita o seu peculiar aspecto e ton de voz e, finalmente, a de María Casares, como actriz fundamental do existencialismo francés, narrada a través das personaxes que interpretou na súa vida.

O casting desenvolverase durante a xornada do luns, 27, no Pazo da Cultura en horario de 16.00 a 19.30 horas. Búscanse persoas de todas as idades para completar en torno a 60 figurantes. A continuación, a partir das 19.30 horas haberá catro obradoiros a partir dunha videocreación sobre La Bella Otero. Cada obradoiro, aberto a todo o público interesado, traballará as partes audiovisual, de caracterización, fotografía e interpretación a partir do guion.

Carlota Román, que animou a todos os pontevedreses interesados a presentarse ao casting, destacou a interactividade dun proxecto que será presentado en varios auditorios galegos, entre eles o Pazo da Cultura, e buscará a súa presenza na Internet a través das redes sociais e blogs. Tamén poderán seguirse, a modo de "masterclass", vía Skype dende os departamentos de arte e español da High School de Forest Hills en Queens (New York) e Canadá, así como as casas de Galicia de Newark (New Jersey) e Manhattan e dous institutos da Alsacia francesa e Xenebra (Suíza). Finalmente, haberá presentacións no Instituto Cervantes, no Círculo de Belas Artes e varios institutos de Secundaria galegos.

 

Visit Pontevedra