Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Pontevedra acolle a entrega dos premios HG&T-AGAXET, un dos acontecementos turísticos sectoriais máis relevantes do país.

O acto realizado no no Teatro Principal forma parte de XV Gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia que patrocina Turismo de Pontevedra





Preto de 400 Hostaleiros, restauradores, provedores de delicantessen..., acudiron á XV Gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia celebrada no Teatro Principal de Pontevedra.

A gala estivo conducida por Uxía Blanco, e a esta acudiron numerosos representantes institucionais, como o Director do Plan Xacobeo, Xosé Paz Xestoso, ou a concelleira de turismo de Pontevedra, Carlota Román, que interveu sinalando a importancia que tes estes eventos, para a promoción turística da cidade.

No acto que estaba patrocinado por Turismo de Pontevedra entregáronse os Premios HG&T-AGAXET, un dos acontecementos sectoriais máis importante do país, que convoca a revista HG&T, unha publicación sectorial con 30.000 exemplares que se distribúe entre os asociados da Confederación de Empresarios de Hostalaría de Galicia e un grupo seleccionado de empresas, institucións e persoas directamente vinculadas ao sector turísticos de Galicia, España e norte de Portugal.

Na gala entregáronse numerosos premios e galardóns especiais que nesta edición recaeron en los Jovenes Restauradores de España e na Irmandade dous Viños Galegos, en memoria do falecido Pepe Posada. Os premiados foron, na categoría Bebidas, Vía Romana Barrica, Sidra Ribela e Tostado do Ribeiro Alma de Reboreda. Nesta categoría, a Medalla Dagda, que vén a ser o premio especial da crítica, foi para Vía Romana Barrica.

Na categoría Bocados do Ano, obtivo a Medalla Dagda Embutidos Lalinense polo Lacón con Grelos en lata, e a de Profesionais do Ano recaeu en maitre Nacho Costoya.

En Proxectos e Iniciativas Empresariais foi merecedor da Medalla Dagda Mas Costas Galicia&Portugal pola súa "a internacionalización do destino Galicia e a captación crecente de novos mercados" e en Acervo Patrimonial foi outorgada pola crítica a Monte Santa Tegra como "apoio expreso á súa pretendida Declaración de Paisaxe Cultural Europeo".

No apartado de Promoción Intersectorial la Medalla Dagda recaeu exaequo na Feira do Viño do Ribeiro e a Festa do Marisco do Grove coincidindo co quincuaxésimo aniversario de ambas as dúas.

Martín Códax con Adegas Moure, Reitoral de Amandi, San Mauro, Valdesil e Valmiñor, foron as empresas recoñecidas no apartado de I+D, facendo fincapé o xurado na "investigación sobre castes autóctonas"

Visit Pontevedra