Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Un “flashmob” centra os actos de inauguración de “Sportis, I Salón Nacional do Deporte, Saúde e Nutrición.

Carlota Román inaugurou no Recinto Feiral de Pontevedra, o salón Sportis que aspira a chegar aos 20.000 visitantes do 9 ao 11 de maio.





Botou hoxe a andar, no Recinto Feiral de Pontevedra, o I Salón Nacional do Deporte, Saúde e Nutrición "Sportis", que se celebrará ata este sábado, día 11. A concelleira de Promoción Económica, Carlota Román, visitou aos expositores en compañía do director do certame, Víctor Arufe, e a vicepresidenta da Deputación, Begoña Vázquez.

A feira conta con 50 expositores e agarda captar un total de 20.000 visitas durante os tres días de feira. O público nesta primeira xornada estivo fundamentalmente composto por alumnos de distintos centros educativos de toda a provincia. O momento máis relevante desta primeira xornada foi un "flashmob" protagonizado por alumnos do instituto de Celanova, o INEF da Coruña e a facultade de Ciencias do Deporte de Pontevedra, así como cidadáns que acudiron atraídos pola convocatoria a través da Internet.

Carlota Román destacou que a Concellería de Promoción Económica é o principal apoio deste salón, que contribúe a referenciar a Pontevedra como capital do deporte galego.

O evento foi cualificado de mixto, é dicir, dirixido a todo tipo de público, pero tamén a empresas e profesionais. Así agárdase a presenza de estudantes, deportistas, practicantes afeccionados de calquera tipo de deporte, persoas interesadas na saúde ou na alimentación e, finalmente, todo tipo de profesionais e empresarios do sector.

A feira aséntase sobre tres piares fundamentais, destinados a configurar unha oferta lúdica para o público, unha aproximación ao deporte profesional e, finalmente, unha parte formativa.

O programa Experimenta, inclúe un amplisimo elenco de actividades gratuítas. Será posible recibir unha masaxe, practicar baile deportivo, zumba, breakdance, capoeira, beat box, karate, tiro con arco, atletismo, ximnasia postural hipopresiva, kayak, rapel, escalada, slackline, salvamento acuático... Haberá un test para comprobar o estado de saúde e, finalmente, exhibicións de patinaxe, esgrima, cetrería...

O programa Conoce, baseado nun convenio co Consello Superior de Deportes, permitirá a presenza de deportistas olímpicos que interactuarán co público e estarán dispoñibles.

O programa Fórmate está configurado ao redor de charlas sobre distintos aspectos vinculados á Saúde, Deporte e Nutrición. Inclúe tamén un apartado dedicado á busca de emprego nestes campos.

O director de "Sportis" confirmou que está pechada a visita dun milleiro de alumnos de institutos de Secundaria e Bacharelato de toda Galicia, para os que se ten organizado un programa de visita de dúas horas.

A feira incluirá servizo de ludoteca, cafetería e aparcamento para o público. Todo elo, estará coordinado por 30 voluntarios.

Visit Pontevedra