Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Máis de 500 profesionais acudirán á XV Gala do Turismo e a Gastronomía de Galicia

Carlota Román encadra a celebración deste evento na política da súa Concellería de atraer eventos feirais e congresuais a Pontevedra





Pontevedra, a Capital das Rías Baixas, volverá ser tamén a capital do turismo galego durante o próximo día 14, martes. A cidade volve acoller a Gala do Turismo e da Gastronomía de Galicia, na que se agarda a presenza de máis de 500 profesionais da hostalería, as axencias turísticas, as empresas de subministracións, as administracións e a xestión de recursos humanos.

A gala, que chega á súa decimoquinta edición, escolle Pontevedra por segundo ano consecutivo co apoio da Concellería de Promoción Económica e Turismo. A concelleira, Carlota Román, destacou que este evento englóbase dentro da súa política global de atraer eventos feirais e/ou congresuais.

No acto de presentación, celebrado hoxe con presenza de Guillermo Campos, director da revista organizadora, HG&T, explicouse que a gala, que se celebrará no Teatro Principal a partir das 19.00 horas, será presentada pola actriz Uxía Blanco e amenizada polo dúo musical Dolce Vita. Concluirá cun encontro gastronómico, ao aire libre, na praza de Tetuán.

Román subliñou que trátase dun certame que parte do acerto de xuntar aos profesionais de dous subsectores tan importantes como a hostalería e a gastronomía. Na súa opinión, con esta nova edición acádase unha madurez incuestionable. "Aquí estarán boa parte dos que moven os fíos, ou fogóns, no mundo do turismo e a gastronomía galegas".

Guillermo Campos subliñou que, de feito, a gala é a única oportunidade anual que os profesionais do sector de turismo teñen para xuntarse e conversar dos seus proxectos e inquedanzas.

Participan directamente na gala un total de 40 empresas e personalidades que resultaron elixidos como finalistas nesta edición, repartidos en nove categorías diferentes, que son as seguintes:

  • Promoción e Márketing: Real Abadía de Samos, Feira Taurina de Pontevedra, Unipublic (Volta Ciclista a España), Festa do Marisco do Grove e Feira do Viño do Ribeiro.
  • Proxectos/Iniciativas Empresariais: Resort Las Sirenas (Viveiro), Touroperador Mas Costas Galicia, Grupo Don Pepe (Vigo), panadería Divina (Santiago).
  • Imaxe Intersectorial e Divulgación: programa Cocineros sin estrella (J. Ribagorda), Gastronomía y Artesanía de Galicia y Norte de Portugal (Paco Gil), De Bares (Voz Audiovisual) e Abecedario de Mantenzas (Fausto Galdo).
  • I+D e Formación: Investigación Unicla (Feiraco), Innolact derivados lácteos, Innter Gal-Eno (proxecto de Martín Códax e 5 adegas) e José Vicente Gómez (formación desde a Asociación Galega de Maitres, Amaiga).
  • Equipamentos e subministros: Migán, Disgobe, Vendisfrig e Aceites Abril.
  • Profesionais do ano: Yago Castrillón (restaurante Acio, de Santiago), Nacho Costoya (maitre), Javier Olleros (restaurante Culler de Pau) e o restaurador Carlos Parra (Baños de Molgás).
  • Bocados do ano: Queixo Santo André, da denominación Cebreiro; queixo Crisanto, da denominación San Simón; Lacón con grelos, de Embutidos Lalinense e Conservas-depuradora Daporta.
  • Bebidas do ano: Cerveza 1906 Red Vintage, Vía Romana Barrica, Sidra Ribela e Alma de Reboreda.
  • Acervo patrimonial: Monte Tegra (paisaxe cultural europeo), Monte Ridimoas (proxecto de recuperación a cargo de Pablo Rodríguez na comarca do Ribeiro), Museo Etnográfico-Gastronómico de Quiroga e Droguería Moderna (Pontevedra).
  • Premios especiais HG&T: Jóvenes Restauradores de España e Irmandade dos Viños Galegos (en memoria de Pepe Posada).

De entre estes 40 finalistas, serán elixidos un máximo de 30 (tope de tres por categoría) nominados cos premios HG&T-AGAXET. Finalmente, os xornalistas especializados en turismo escollerán aos 9 gañadores (un por categoría) das medallas Dagda.

Visit Pontevedra