Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

O Concello de Pontevedra vive o Campionato de España de Dúatlon como un ensaio xeral para o Mundial de 2014

Máis de 800 deportistas están inscritos nas distintas probas que se celebran durante esta fin de semana





Pontevedra acolle o Campionato de España de Dúatlon durante esta fin de semana coa presenza xa confirmada de 827 deportistas. A competición, que é pórtico do Campionato do Mundo que chegará á cidade en 2014, foi presentada hoxe no Concello. O acto contou coa presenza do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores; o concelleiro de Deportes, Agustín Fernández; o presidente da Federación Galega, Francisco Villanueva e os deportistas Fani Domínguez, Aida Valiño e Antonio Serrat.

A proba terá unha importancia deportiva engadida porque outorgará prazas para o Mundial na categoría paralímpica e grupos de idade, o que causou, segundo os datos da propia Federación, un importante incremento das inscricións nestas modalidades, garantindo así a presenza dos mellores deportistas de España.

O sábado, día 27, será o día grande  coa celebración de probas dende primeira hora da mañá nas diferentes categorías de idade e os paralímpicos. O domingo será a xornada dos grupos de idade. Destaca, subliñouse dende a Federación, a destacada participación de deportistas galegos neste campionato, que acoden con importantes opcións de acadar medallas, tal e  como xa fixeron o pasado ano no Campionato de España de Dúatlon disputado en Águilas (Murcia).

O alcalde agradeceu o esforzo de todo o persoal municipal na organización desta complexa proba. Fernández Lores subliñou que o Concello quere facer de Pontevedra unha cidade referente tanto na práctica do deporte como na organización de eventos e competicións. "Non creo", declarou, "que haxa en Galicia unha cidade comparable a nós nese aspecto; e só unhas poucas no conxunto do Estado".

O concelleiro de Deportes fixo un relatorio de todos os  campionatos e copas de España celebrados dende o comezo deste mandato e os xa programados para este ano e o próximo. Indicou que estamos xa polas 14 probas e varios milleiros de deportistas que teñen pasado ou pasarán pola cidade. Agustín Fernández cualificou este Campionato de España de Duatlón como "ensaio xeral" do Mundial de 2014. Finalmente, lembrou que agárdase a presenza dunhas 2.000 persoas durante a fin de semana para participar ou presenciar as competicións.

Francisco Villanueva, presidente da Federación Galega, agradeceu a forte aposta de Pontevedra polas distintas modalidades deste deporte e lembrou a inclusión da modalidade de Paratriatlón.

Os tres deportistas presentes no acto comentaron as súas opcións persoais, destacaron a dureza do circuíto e mesmo indicaron que non lles importa que faga mal tempo despois dun duro inverno, do que saen afeitos a adestrar en circunstancias adversas. Finalmente, destacaron a súa ledicia de poder competir na casa e as facilidades que este feito supón.

Visit Pontevedra