Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

O salón do Deporte, Saúde e Nutrición “Sportis” fíxase o obxectivo de chegar aos 20.000 visitantes

Carlota Román, convencida de que Sportis será "un reclamo que soará en toda Galicia"





A programación ferial e congresual de Pontevedra, que inclúe 15 eventos durante este ano, terá un dos seus puntos culminantes no I Salón Nacional do Deporte, Saúde e Nutrición "Sportis", que se celebrará entre o xoves, 9, e o sábado, 11 de maio próximos.

O evento foi presentado hoxe pola concelleira de Promoción Económica, Carlota Román, e o director de "Sportis", Víctor Arufe, quen adiantou que haberá un total de 50 expositores e agarda captar un total de 20.000 visitas durante os tres días de feira.

O evento foi cualificado de mixto, é dicir, dirixido a todo tipo de público, pero tamén a empresas e profesionais. Así agárdase a presenza de estudantes, deportistas, practicantes afeccionados de calquera tipo de deporte, persoas interesadas na saúde ou na alimentación e, finalmente, todo tipo de profesionais e empresarios do sector.

Carlota Román afirmou que ten poucas dúbidas do éxito de "Sportis", que ofrece unha proposta diferente e fresca que, de seguro, vai captar a atención do amplo espectro popular ao que vai dirixido. Lembrou que Pontevedra é unha cidade que respira deporte por todos os seus poros, pero "Sportis", pola súa configuración "vai ser un reclamo que resoará en toda Galicia".

A concelleira de Promoción Económica aproveitou para destacar que as cifras de preto de 25.000 visitantes agardados para o calendario feiral deste ano, van quedar amplamente superadas cando a Feira do Deporte, Saúde e Alimentación peche as súas portas.

Víctor Arufe destacou que o elenco de expositores inclúe dende empresas locais a multinacionais que traballaron directamente na montaxe de infraestruturas nos Xogos Olímpicos de Londres.

A feira aséntase sobre tres piares fundamentais, destinados a configurar unha oferta lúdica para o público, unha aproximación ao deporte profesional e, finalmente, unha parte formativa.

O programa Experimenta, inclúe un amplisimo elenco de actividades gratuítas. Será posible recibir unha masaxe, practicar baile deportivo, zumba, breakdance, capoeira, beat box, karate, tiro con arco, atletismo, ximnasia postural hipopresiva, kayak, rapel, escalada, slackline, salvamento acuático... Haberá un test para comprobar o estado de saúde e, finalmente, exhibicións de patinaxe, esgrima, cetrería...

O programa Conoce, baseado nun convenio co Consello Superior de Deportes, permitirá a presenza de deportistas olímpicos que interactuarán co público e estarán dispoñibles.

O programa Fórmate está configurado ao redor de charlas sobre distintos aspectos vinculados á Saúde, Deporte e Nutrición. Inclúe tamén un apartado dedicado á busca de emprego nestes campos.

O director de "Sportis" confirmou que está pechada a visita dun milleiro de alumnos de institutos de Secundaria e Bacharelato de toda Galicia, para os que se ten organizado unha visita de dúas horas.

A feira incluirá servizo de ludoteca, cafetería e aparcamento para o público. Todo elo, estará coordinado por 30 voluntarios.

Visit Pontevedra