Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Pontevedra agarda a visita de máis de 20.000 personas nas feiras e congresos no que resta do 2013

A Concellería de Promoción Económica presentou o calendario que xestiona a nova Oficina de Congresos





Pasados seis meses dende a posta en marcha da Oficina de Congresos de Pontevedra, xa está pechado un calendario que inclúe un total de 15 feiras e congresos (13 xa pechadas e outras dúas pendentes dos últimos trámites) a celebrar no Recinto Feiral durante este ano.

A concelleira de Promoción Económica, Carlota Román, presentou hoxe a programación, que cualificou como moi ambiciosa, e que está encadrada dentro do Plan Estratéxico da Concellería para captar turismo de eventos e negocios. A totalidade dos eventos están organizados ou ben patrocinados dende o departamento municipal.

O calendario xa comezou a semana pasada coa celebración do Salón da Oferta Educativa e Formativa (Edugal). Esta próxima fin de semana chegará o I Salón de Eventos, Vodas e Grandes Celebracións "Si Quero". Xa no mes de maio será o momento do I Salón Nacional do Deporte, a Saúde e a Alimentación "Sportis". En setembro celebrarase unha pasarela de moda, con participación de empresarios pontevedreses e cunha proposta, en palabras de Román, "fresca e actual". En outubro, a segunda edición da feira Ponte Emprego. En novembro, o Recinto Feiral acollerá a I Feira da Cosmética e a Perruquería. Finalmente, en decembro organízase outro evento novidoso: a Feira dos Doces de Convento, que terá acollida no Mercado de Abastos.

 

En canto a Congresos, Carlota Román destacou que xa está acordada a celebración en maio da Gala do Turismo. Entre o 31 de maio e o 2 de xuño, chegará o Congreso de Veterinaria. No mes de xuño haberá unha nova sesión do Congreso de crecemento persoal Ponte a Punto. En xullo, un Congreso de Arquitectura. En setembro chega unha oferta novidosa: o Festival da Luz. E, en novembro, a segunda edición de Ponte na Rede, evento dedicado á formación sobre a presenza empresarial na Internet. A esta programación cómpre engadir o Culturgal, que depende directamente da Concellería de Cultura.

Román subliñou que a Oficina de Congresos está xa a negociar outros dous eventos singulares e distintivos que poderían recalar en Pontevedra e reforzar máis esta programación.

A responsable municipal destacou que unha das liñas de traballo emprendidas é a recuperación de feiras e eventos que se celebraban na cidade e que se perderon, aínda que con formatos máis modernos e custos menores. Neste concepto encaixa a Pasarela de Moda que forma parte da programación 2013.

Segundo os cálculos máis conservadores, agárdase que unhas 22.500 persoas pasen por Pontevedra atraídas por estes eventos: 20.000 ás feiras e unhas 2.500 aos congresos. Por outra banda, destacou o esforzo por encaixar un calendario que garante a celebración de feiras e congresos durante todos os meses do ano.

Carlota Román insiste en que Pontevedra dispón dunhas infraestruturas de gran calidade para a organización de eventos de negocios. O Pazo da Cultura e o Recinto Feiral, nunha situación privilexiada, a carón do río e a poucos minutos dun centro urbano moi accesible son activos que cómpre aproveitar na promoción de Pontevedra. A elas, hai que engadir outros inmobles e localizacións co encanto, como a propia Praza de Abastos, que proporcionan alternativas moi interesantes.

O turismo de negocios, ao igual que os eventos deportivos, é unha estratexia evidente para a desestacionalización do turismo. Ademais, o valor engadido que deixan os congresistas é moi superior a calquera outro tipo de visitante

Visit Pontevedra