Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Os puntos de información turística municipal de Pontevedra atenderon durante a Semana Santa a máis de 2.000 visitantes.

O volume  creceu un 60% e a suba foi especialmente significativa entre o turismo internacional que medrou un 150%.





O servizo de información turística do Concello atendeu durante a Semana Santa a un total de 2.063 visitantes, o que supuxo unha suba dun 60,5 por cento con respecto ás cifras do ano pasado.

Entre os visitantes, 1.653 eran de procedencia nacional, mentres que 410 resultaron ser estranxeiros. Especialmente relevante é o crecemento destes últimos, pois mentres a suba no turismo nacional foi dun 46,9%, no estranxeiro chegou ao 156,2%. A concelleira de Turismo, Carlota Román destaca que, a pesar da suba nas porcentaxes, as cifras son relativamente modestas e aspírase a máis, pero que é de salientar o valor da rede municipal como referencia na información turística na cidade.

Falamos de algo máis de 2.000 visitantes e aspiramos a moito máis, destacou, antes de volver recalcar que o Concello só facilita estatísticas de consultas turísticas e non de ocupación hoteleira. A concelleira subliña que, sendo importante a Semana Santa, a estratexia da Concellería de Turismo, conxuntamente coa de Deportes, pasa pola desestacionalización, atraendo xente á cidade ao longo de todo ano utilizando os eventos feirais, congresuais e deportivos.

Por outra banda, destacou o papel da rede municipal de información turística que é a referencia total e absoluta para os que chegan á cidade e precisan calquera tipo de información. De feito, os tres puntos de información turística municipais, situados na Casa da Luz, e nas  casetas da praza de España e estación-Vialia, deron información a unha media diaria de 294 visitantes durante este período vacacional. Ademais, sobre 437 veciños da cidade de Pontevedra pasaron a recoller o programa de actos da Semana Santa ou a facer algún tipo de consulta relacionada con puntos para visitar da cidade ou a comarca.

Os grupo máis numeroso dos turistas estranxeiros foi o dos procedentes de Portugal, cun 37%, seguidos dos alemáns, cun 12% e os franceses, cun 10%. Dentro do turismo nacional, os madrileños supuxeron o 29%, seguidos dos andaluces, cun 13,4%  e un 13% de vascos.

O 23% dos turistas que visitaron a oficina de turismo de Pontevedra estaban aloxados na mesma cidade de Pontevedra, nun segundo lugar co 18,6% dos turistas dixeron pernoctar no Morrazo-Val Miño-Condado, un 18,6% en Santiago e o 13,8% en Sanxenxo.

En canto ao tipo de aloxamento, o 72% dos turistas durmiu en hotel, aínda que o aloxamento en casa de familiares e/ou amigos gañou cota nesta Semana Santa, chegando a unha porcentaxe de entre o 15% e o 22%.

Os turistas entre 31 e 45 anos, e 46 e 60 anos ocupan os primeiros postos do campo rango de idade, cunha cota do 32% e 27% respectivamente. A maior parte destes turistas viñan cos fillos. As parellas novas, entre 19 e 30 anos, son o 14% do total e os turistas de mais de 60 anos, acadan o 16% da cota.

Case a metade dos visitantes que pasaron por Pontevedra chegaron co seu propio automóbil. Os turistas dos grupos que chegan en autocar, segundo medio de transporte escollido, chegaron ao 27%. O avión foi o medio elixido por outro 14%.

O principal motivo dos visitantes é gozar da natureza e o patrimonio, combinado con outros aspectos como a gastronomía galega ou a visita a familiares e/ou amigos. Preto do 89% dos visitantes non coñecían aínda a cidade de Pontevedra. A maioría dixeron quedar moi sorprendidos co Centro Histórico. Detectouse unha alta intención de repetir visita.

Un total de 39 persoas participaron nas visitas guiadas polo Centro Histórico, que comezaron a súa temporada esta semana. A maioría dos participantes procedían das comunidades de Castela-León e Madrid, seguido dos turistas propios galegos (incluíndo tamén aos cidadáns de Pontevedra). A información demandada foi variada, pero destaca a información relativa á cidade de Pontevedra e arredores como Combarro, a zona do Salnés ou O Morrazo. Tamén foi moi solicitada información relativa ao Museo de Pontevedra e ao Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro.

Visit Pontevedra