Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

A Concellería de Deportes e Turismo de Pontevedra pactan cos hoteleiros ofertas específicas para o calendario deportivo

O piragüismo atraerá a Pontevedra a máis de 1.600 deportistas en tres eventos a celebrar ata o próximo mes de xullo e  preténdese que os mesmo reserven los aloxamentos na cidade.





Combater a tendencia dalgúns clubs que participan en eventos deportivos organizados polo Concello de Pontevedra a reservar aloxamento fóra da cidade foi o obxecto dunha xuntanza entre os concelleiros de Deportes, Agustín Fernández, e Turismo, Carlota Román, coas direccións dos hoteis da cidade.

Agustín Fernández puxo especial énfase no calendario de eventos relacionados co piragüismo, pois é un dos deportes nos que máis se ten detectado esta eiva. Na conversa, na que participaron as xerencias dos hoteis Galicia Palace, Rías Baixas, Rúas, Virgen del Camino e Peregrino (xustificaron a súa ausencia o Parador e Room), estudáronse medidas a adoptar.

O concelleiro de Deportes anticipou que está a estudar habilitar un recinto vixiado durante as 24 horas para que os clubs podan deixar as súas piraguas, un servizo moi valorado neste tipo de competicións. Só estaría dispoñible para aqueles clubs que confirmen as súas reservas en hoteis locais.

Por outra banda, os hoteleiros, que agradeceron aos concelleiros o esforzo que están a facer, quedaron comprometidos a presentar ofertas competitivas para o aloxamento destes deportistas.

 

As previsións pasan por acoller este ano a máis de 1.600 deportistas entre as tres probas que se celebrarán no encoro de Verducido. Carlota Román entende que os tres eventos poden garantir unha importante ocupación dos hoteis da cidade, pois a afluencia (só de deportistas) oscila entre as 800 e as 300 persoas en cada un deles. Cómpre poñer unha oferta competitiva sobre a mesa. Ademais, lembrou a concelleira, virán acompañados de familiares e amigos, polo que a ocupación real pode duplicarse.

O 13 e 14 de abril celébrase a Copa de España de 1.000 metros; o 19, 20 e 21 de xullo, o XLV Campionato de España de Pista e, finalmente, o 27 e 28 de xullo, o Campionato de España de Novas Promesas (categorías cadete e infantil).

Por outra banda, Agustín Fernández ofreceu aos hoteleiros información adicional sobre outros eventos deportivos que se van celebrar ao longo do ano, seguindo a estela do Open de España de Natación, que xa está a repercutir na ocupación hoteleira. Citou o Campionato de España de Duatlón (abril), Campionato de España de Tiro con Arco (xuño), Campionato de España de Natación Sincronizada (xuño), o Campionato de España de Natación infantil (xullo) e a Volta Ciclista a España (agosto).

Finalmente, Carlota Román adiantou que a Concellería de Promoción Económica e Turismo está a perfilar a  captación e organización de eventos feirais e congresuais que tamén achegarán beneficios para o sector hoteleiro ao longo deste mesmo ano

Visit Pontevedra