Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

“Ponte en primavera”, chega a III edición do Concurso de Escaparates

"É primavera. Por fin vai saír o Sol" é o lema desta nova edicion "Ponte en primavera" , froito da estreita colaboración entre a Concellería de Turismo y Promoción Económica de Pontevedra  eo o comercio local





Os comerciantes de Pontevedra competirán entre o 15 e o 30 de abril para ofrecer o mellor escaparate. Esta terceira edición do concurso volve nacer da man da Concellería de Promoción Económica, coa colaboración do Centro Comercial Urbano Zona Monumental e Aempe. O lema será a primavera e a composición completamente libre. O próximo 2 de maio daranse a coñecer os gañadores que levarán senllos premios de 500, 300 e 200 euros.

A concelleira de Promoción Económica, Carlota Román, explicou esta iniciativa dentro da intención de animar as compras e  reactivar a economía local. Á presentación asistiron Miguel Lago, de Zona Monumental, e Hermenegildo Novoa, de Aempe.

O concurso chega co lema "É primavera. Por fin vai saír o Sol" e pretende xogar co concepto da mellora do tempo e o remate do inverno para animar aos consumidores, ao tempo que dinamiza ao propio comercio local.

Aínda que o fallo do concurso corresponde á decisión dun xurado, o concurso ten tamén un apartado dirixido ao público, que poderá depositar as papeletas de compra que lle entregarán nos comercios participantes con vistas a un sorteo. A urna estará habilitada na Casa da Luz. Sortearanse 10 cheques-compra por valor de 20 euros.

O concurso "Ponte en primavera" está aberto a todos os comerciantes de Pontevedra. As inscricións deben realizarse ata o próximo día 9 de abril a través do Centro Comercial Urbano Zona Monumental ou de Aempe.

Carlota Román destacou que o escaparate debe actuar como reclamo, animar ao cliente a entrar no establecemento e, a partir de aí, xa corresponde ao comerciante xogar a carta da súa habilidade e profesionalidade.

A concelleira destacou que a importancia do escaparate é maior cando os produtos que se venden non son de primeira necesidade. O escaparate debe dar unha imaxe clara de que tipo de produtos véndense en cada tenda. Ademais, debe sintetizar as características (o espírito) do establecemento. Está chamado a pór o acento sobre os puntos fortes de cada local. Debe ser atractivo, elegante, rechamante, pero non recargado. Debe estar limpo e ben iluminado. Debe ser obxecto de cambios e renovacións periódicas de acordo coas ofertas ou as temporadas. E, finalmente, destacou Román, debe interactuar coa súa contorna social e falar dos valores locais da cidade.

Román lembrou que a Concellería de Promoción Económica vén facendo unha aposta forte polo apoio ao comercio local, a través de convenios de colaboración para financiar as súas actividades, a propia organización dos concursos de escaparates ou os cursos para a formación continua do sector en ámbitos como o Xeoposicionamento, a promoción a través de Redes Sociais ou o deseño de portais web corporativos. A concelleira destacou que a colaboración está tamén a facer posible que saian adiante grandes eventos como Edugal, nos que Promoción Económica é o principal patrocinador por segundo ano consecutivo



20/03/2013

Visit Pontevedra