Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Pontevedra Film Commission comenza a sua andaina co apoio á rodaxe da webserie “Clases de lo Social”

A oficina de congresos de Pontevedra a través de Pontevedra Film Commission presta apoio ao rodaxe de la sitcom para internet que esta a dirixir o pontevedrés Pablo Cacheda.




Pontevedra Film Commission creada a semana pasada pola Concellería de Turismo deu xa o primeiro froito. A cidade acolle, a partir deste xoves a rodaxe da web serie “Clases de lo Social”. A nova foi presentada hoxe pola concelleira, Carlota Román, acompañada do director da serie, Pablo Cacheda; o director de Produción, Pablo Fernández e o actor protagonista, Santi Romay.

A concelleira de Turismo, Carlota Román,  amosouse encantada de poder axudar a xente nova, con proxectos e ilusión e anunciou que en breve haberá máis novidades relacionadas con Pontevedra Film Commission. Ademais, agradeceu esta aposta por Pontevedra, que encaixa nun novo xeito de traballar pola promoción turística dende o Concello.

“Clases do Social” é unha webserie de cinco capítulos de 7 minutos que será rodada durante unha semana no instituto Sánchez Cantón, en bares, casas particulares, o Mercado de Abastos, a praza da Leña e unha marquesiña da avenida de Bos Aires, entre outros exteriores. A idea xurdiu a partir da rodaxe da curtametraxe “Unhas clases do Social a tempo”, estreada o pasado mes de setembro. Agora chega en formato “sitcom” e en español, para chegar a un público máis amplo.

Pablo Cacheda destacou que o argumento desta primeira temporada da comedia non ten nada que ver coa crise económica, senón que pon o foco en situacións sociais cotiás, a partir dunhas supostas clases do Social que un profesorado peculiar imparte a un alumnado peculiar. Santi Romay dá vida a un alumno que adoita meterse en leas pola súa falta de pericia á hora de relacionarse.

O director da serie agradeceu o apoio da Concellería de Turismo e destacou que tanto el como boa parte do equipo son pontevedreses, polo que agora terán a oportunidade de pasear o nome da súa cidade a través da Internet. O director de Produción, Pablo Fernández, explicou que inicialmente tiñan previsto gravar en diferentes localizacións de Galicia, pero o apoio municipal foi decisivo para decantarse por Pontevedra.

Segundo opinou Santi Romay, nun momento no que a televisión pública atravesa dificultades, a Internet abre novas posibilidades. O actor está encantado de traballar cun equipo ao que cualificou como “uns fenómenos” e confiou en que a serie teña aínda máis difusión que a acadada pola curta.

O primeiro capítulo estará dispoñible entre maio e xuño. Estará colgado en Youtube, Vimeo e o sitio www.clasesdelosocial.com. Estará reforzado por campañas en Facebook e Twitter.

Ademais, para axudar ao financiamento da produción, que ten un custo duns 10.000 euros, iniciarán unha xeira de monólogos con entradas moi “populares”. O primeiro deles, a cargo de Carlos Blanco, será no instituto Sánchez Cantón este venres ás 20.30 horas.

O reparto de “Clases de lo Social” está encabezado por Santi Romay e conta tamén co propio Carlos Blanco, Avelino González, Monty Castiñeiras, Bernardo Fernández, Xulio Abonjo e Sabela Arán. Con eles estará un equipo técnico no que figuran profesionais con experiencia e moito prestixio no sector audiovisual galego.

Visit Pontevedra