Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Pontevedra film commission , unha oficina para promocionar a cidade como plató de cine.

Carlota Román explica que axudará ás produtoras a buscar localizacións, servizos e todo tipo de proveedores.




A Concellería de Turismo acaba de crear as marcas “Pontevedra Film Commission” e “Pontevedra Film Office” para promocionar a rodaxe de todo tipo de producións audiovisuais na cidade.

A finalidade, segundo explicou hoxe a responsable de Turismo, Carlota Román, é atraer cara á capital das Rías Baixas a rodaxe de películas, series de televisión, anuncios publicitarios ou audiovisuais para a Internet. Falamos dun novo xeito de facer promoción turística, de crear novos produtos que xeren ingresos e negocios para o sector servizos pontevedrés, recalcou.

Pontevedra Film Commission” enmárcase dentro da Oficina de Congresos, o órgano creado hai escasos meses para atraer turismo de negocios, porque, de feito, cando se busca un lugar para facer unha rodaxe, solicítanse servizos moi parecidos aos que require un congreso: aloxamento, cattering, apoio audiovisual, transporte, etcétera. A maiores, incorporarase axuda para facer localizacións en contornas urbanas, históricas, naturais e mesmo deportivas, segundo as necesidades concretas.

A oficina nace co apoio dun sitio web propio www.pontevedrafilmcommission.com, que xa está operativo e ofrece unha primeira información básica, ademais da posibilidade de establecer contacto directo.
A “Film Commissión” funciona xa noutras cidades españolas como Barcelona, Lloret de Mar ou Santiago de Compostela, con resultados moi apreciables.
Carlota Román afirmou que o funcionamento desta oficina no terá custo ningún para o Concello, porque a tramitación, axuda e colaboración coas produtoras será asumida polo persoal da Concellería de Turismo.
Pontevedra xa ten acollido durante os últimos anos a rodaxe total ou parcial de varias producións tan coñecidas como Botón de Ancla, Los Pazos de Ulloa e Los Gozos y las Sombras (series de TVE), Dagón, O lapis do carpinteiro, Los lunes al sol, La lengua de las mariposas, El viaje de Carol e finalmente a serie de Telecinco, Piratas.
Como exemplo do impacto que pode xerar unha rodaxe, Carlota Román puxo o exemplo da serie “Doctor Mateo”, que supuxo unha auténtica campaña turística para os municipios asturianos de Lastres e Colunga.

08/03/2013

Visit Pontevedra