Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

As mellores receitas dos restaurantes da provincia promocionan os produtos do Mercado de Abastos de Pontevedra

O receitario está composto de 26 receitas entre menús completos (con un primeiro e segundo prato e un postre) de restaurantes de toda a provincia e tamén conteñen receitas de tapas.




A Praza de Abastos foi hoxe escenario dun acto promocional que consistiu no reparto de libros de cociña editados pola Concellería de Promoción Económica en colaboración coa emisora local Onda Cero. A concelleira, Carlota Román, entregou unha parte dos 5.000 exemplares editados baixo o título “Recomendacións Gastronómicas”.

O libro, que forma parte dunha campaña a prol das compras na Praza de Abastos de Pontevedra, recolle as mellores propostas culinarias dos máis destacados restaurantes da provincia. Os distintos pratos están elaborados con produtos e ingredientes da maior calidade, que poden adquirirse no Mercado pontevedrés.

O receitario está composto de 26 receitas entre menús completos (con un primeiro e segundo prato e un postre) de restaurantes de toda a provincia e tamén conteñen receitas de tapas.

Carlota Román, que aproveitou a mañá para intercambiar opinións cos clientes da Praza de Abastos, entende que este establecemento constitúe un elemento clave para a dinamización do Centro Histórico, polo que o seu departamento mantén o seu compromiso de revitalizalo e adaptalo ás novas tendencias e costumes dos consumidores.

No acto participaron tamén o director de Onda Cero, Miguel Novoa, así como as presidentas das dúas asociacións de concesionarios da Praza de Abastos.
Visit Pontevedra