Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

A Oficina de Congresos de Pontevedra inicia os contactos cos empresarios locais co obxectivo de chegar aos 50 socios

A Concellería de Turismo traballa na edición do Manual do Congresista, documento técnico que recollerá toda a información sobre como chegar a Pontevedra, e recursos congresuais.




A Oficina de Congresos de Pontevedra comeza a madurar. A idea impulsada pola concelleira de Promoción Económica, Carlota Román, para dotar a Pontevedra da organización necesaria para acoller feiras, congresos e eventos de negocios con criterios de máxima profesionalidade suscitou o interese de empresarios dos sectores da hotelería, hostalería, transportes, tempo libre, cultura, montaxe e financeiro.

Así, á xuntanza de traballo, celebrada hoxe na Casa da Luz, asistiron representantes do Grupo Mochi, a Universidade de Vigo, restaurante Il Picolo, Grupo Norte MCA,  Autocares Rías Baixas, hoteis Galicia Palace e Rías Bajas, Asociación de Profesionais de Turismo de Galicia (Proturga), Naviera Nabia, Amigos do Camiño Portugués a Santiago, mobles Go Home e Novagalicia Banco. Participou tamén a concelleira de Cultura, Anxos Riveiro.
A Oficina de Congresos naceu o pasado mes de outubro. O proxecto foi presentado a un primeiro grupo de empresarios dos sectores de montaxe de instalacións, hotelería e hostalería, como os principais beneficiarios da captación  de eventos relacionados co turismo de negocios.

Nesta segunda xuntanza presentouse xa un primeiro borrador do Manual do Congresista, un documento no que aparece recollida toda a información sobre como chegar a Pontevedra, dossier fotográfico, meteoroloxía da zona e recursos congresuais (dende o Pazo de Congresos ao auditorio de Novagalicia, pasando polos salóns dos hoteis). Un segundo paquete de información estará conformado polas empresas asociadas á Oficina. Comezará polos datos da planta hoteleira, restauración, cattering, empresas de montaxe de stands, audiovisuais, controis de accesos e azafatas/os
e transporte. Finalmente, procurarase conformar, en base ás achegas dos empresarios unha listaxe cos recursos de tempo libre de toda a bisbarra e as posibles ofertas específicas (a través de produtos concretos ou descontos) do comercio local.

Carlota Román explicou que o obxectivo último da Oficina de Congresos de Pontevedra é prescribir á cidade de Pontevedra como destino axeitado para determinado tipo de congresos, feiras e actos empresariais, pero tamén prescribir aos proveedores de servizos da cidade, co obxectivo de que toda a repercusión económica que un evento destas características ten quede na cidade.

A concelleira de Promoción Económica destacou tamén que, a diferencia dos formatos de Oficina de Congresos existentes noutras cidades como Barcelona, Málaga ou Vigo, as empresas pontevedresas non pagarán por integrarse na súa rede, aínda que deberán cumprir criterios estritos de calidade. Ademais, deberán proporcionar axuda e colaboración en actividades de promoción de Pontevedra.

O obxectivo da Concellería é que a Oficina de Congresos arranque cun mínimo de 25 socios colaboradores e, cara finais de 2014, creza ata alcanzar os 50. Para potenciar a colaboración e coordinación de todas as partes involucradas na xestión dos eventos de negocios, as empresas colaboradoras pasarán a dispor, dentro de pouco, de toda información Online sobre o calendario de eventos a celebrar na cidade.

A concelleira subliñou que Pontevedra reúne condicións idóneas para competir neste nicho do turismo de negocios, pero é necesario un traballo intenso e coordinado. Somos unha cidade con moito que ofrecer, que ten dado un cambio a mellor enorme, pero seguimos a ser uns grandes descoñecidos. Así que os resultados non se verán a curto prazo, recalcou.

Na última parte da xuntanza, Carlota Román presentou a planificación con todos os eventos feirais aos que a Concellería de Turismo vai acudir durante este ano 2013 nun intento de promocionar a marca Pontevedra. A concelleira ofreceu a súa colaboración con cantas iniciativas poña en marcha o sector privado. Entre as accións previstas está a participación en feiras especializadas, como a EIBTM de Barcelona, o Event Day en Madrid e todas as accións de difusión que se programen dende o Spain Convention Bureau, o órgano da Federación Española de Municipios e Provincias que agrupa ás cidades feirais.

Finalmente, a Concellería de Turismo organizará acciones específicas con medios de comunicación especializados en turismo de negocios, como Conexo, Meet In e Expone, ademais de empresas organizadoras de eventos como Pacífico ou o grupo RiC.

28/02/2013

Visit Pontevedra