Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Entregados os premios da campaña de apoio ao comercio local “Un Nadal para todos”

Carlota Román destaca a necesidade de apoiar ao sector azoutado pola crise, os recortes salariais e a liberalización de horarios




A Casa da Luz acolleu hoxe a entrega das compras realizadas polos gañadores na campaña “Un Nadal para todos”, que a Asociación de Pequenos e Medianos Empresarios (Aempe) organiza co apoio económico do Concello de Pontevedra.

A concelleira de Promoción Económica, Carlota Román, estivo á fronte do acto, acompañada do presidente de Aempe, José María Corujo, e a xerente, Conchi Pereiro. A concelleira destacou a importancia das medidas de apoio ao comercio local nun momento en que está a sufrir moito por mor da acumulación dos efectos da crise económica, os recortes salariais aos traballadores (incluíndo a retirada da paga extra de Nadal no sector público) e a liberalización de horarios.

Os produtos entregados hoxe foron adquiridos polos tres principais gañadores, pero, en total, repartíronse 87 vales de compra. Os vales ían dos 50 euros aos 1.000 euros. Os gañadores tiveron que empregalos nos  establecementos asociados a Aempe en compras non inferiores a 30 euros nin superiores a 200.

Acudiron a gañadora do primeiro premio (1.000 euros), Maite López, xunto co terceiro premio, Jovita Álvarez (300 euros). Escusou a súa presenza, por razóns persoais, Blanca García Señoráns, que acadou un premio de 500 euros.

Uns 300 comercios participaron nesta campaña, que se desenvolveu ata o pasado 31 de xaneiro. Unha das principais novidades deste ano foi a informatización da campaña a través do sitio web www.aempe.com, onde foi posible introducir directamente os códigos dos tiques-cupóns de compra.
Aempe ten asinado un convenio coa Concellería de Promoción Económica polo que recibe un total de 16.000 euros para accións de impulso ao comercio local, publicidade e organización ou participación en feiras e exposicións.
Visit Pontevedra