Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Os restaurantes da bisbarra de Pontevedra comezan a ofrecer cartas trilingües para captar público estranxeiro.

A concelleira Carlota Román destaca a boa acollida desta iniciativa, xurdida despois dun curso de Inglés e Alemán para persoal turístico.




A concelleira de Turismo, Carlota Román entregou aos encargados de restaurantes da bisbarra de Pontevedra as cartas de menú trilingües (español-inglés-alemán) cos que, a partir de agora, darán un paso máis a prol da competitividade dos seus negocios.

A tradución e edición destes menús é unha das iniciativas que forman parte do Plan de Actuación 2012 da Mancomunidade Terras de Pontevedra, que xestiona dende hai algúns meses a empresa municipal Turismo de Pontevedra. O Plan de Actuación deseña todo tipo de actuacións en materia de captación de cruceiristas, promoción do patrimonio histórico, elaboración de paquetes turísticos e promoción da oferta gastronómica.

Carlota Román explicou que hai algúns meses organizouse un curso de Inglés e Alemán para todo tipo de persoal relacionado co sector turístico privado. Durante esa actividade xurdiu a idea de levar a cabo a tradución dos menús dos restaurantes das bisbarras, que foi moi ben acollida polo sector.
Un total de 18 establecementos sumáronse a esta iniciativa, que nace con vocación de continuidade. Ao acto de entrega, celebrado hoxe na Casa da Luz asistiron La Tortillita, Gloria, Piano, El Pitillo e Taberna Zentola. Sen embargo, tamén participan os locais pontevedreses Casa Román, Casa Verdún, Nove Anxos, Room, La Tienda de Clara, A Adega dos Avós, Vetula Ponte, hotel Madrid e o Furancho de Bora. En Poio sumáronse o Mesón Lameiriña e La Brisa. Finalmente, disporán de cartas trilingües A Parrilla (O Grove) e Casa Pipeiro (Ponte Caldelas).

A concelleira de Turismo explicou que os visitantes estranxeiros que se achegan a Pontevedra valoran especialmente a restauración, polo que son clientes habituais dos bares e restaurantes. Detectamos que era necesario ofrecerlles unha mellora no servizo e que tiña chegado o momento de apostar non só pola calidade no produto, senón tamén pola atención, explicou.
De feito, Román subliña que trátase dun primeiro paso e abre as portas á posibilidade de que se incorporen máis establecementos. Tamén está a estudarse a posibilidade de incorporar outros idiomas, como o francés ou o portugués, dúas nacionalidades que achegan unha parte substancial dos turistas estranxeiros que visitan as terras de Pontevedra.
Visit Pontevedra