Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Promocion Económica e as asociacións empresariais de Pontevedra coordinan as súas peticións de axudas ao IGAPE.

Carlota Román e as entidades empresariais locais alíanse para captar recursos para as actividades de formación e inserción laboral nun proxecto conxunto de emprendemiento.




As asociacións empresariais de Pontevedra e a Concellería de Promoción Económica darán un paso máis no seu esforzo de coordinación das actividades de formación e inserción laboral. Despois do convenio asinado o pasado 5 de xuño, onte venres decidiron unificar as súas peticións de axudas ao Instituto Galego de Promoción Económica.

A concelleira, Carlota Román, presidiu unha xuntanza de seguimento do convenio na que se constatou o drástico recorte nas axudas públicas da Xunta de Galicia para as actividades de formación laboral. Ademais, o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) ten suprimido o ente BIC Galicia, encargado ata o de agora do apoio docente e material a este tipo de cursos e actividades, o que supón, na práctica, a desaparición de boa parte dos recursos públicos.

Román e as directivas da Cámara de Comercio, Aempe e AJE acordaron, diante desta situación, elaborar un proxecto conxunto de emprendemento e á formación e inserción laboral. A situación actual obriga xa non só a coordinar, senón a unificar todas as propostas que se realicen dende Pontevedra, explica Carlota Román.

Os técnicos da Concellería de Promoción Económica e as organizacións empresariais traballarán nas próximas semanas na elaboración do proxecto conxunto, que deberá ter un carácter innovador para poder competir nas convocatorias que realice o IGAPE nun contexto tan restritivo.
Por outra banda, Concellería e entidades empresariais acordaron tamén incluír enlaces nas súas respectivas plataformas de Internet ás actividades que organicen o resto de entidades locais.

Finalmente, tomouse o acordo de colocar un soporte físico nun punto céntrico da cidade no que se informe de cantas convocatorias que, en materia de formación e emprendemento, realicen a Concellería de Promoción Económica, a Cámara de Comercio, Aempe e AJE.
Visit Pontevedra