Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

A Praza da Peregrina acolle unha actividade promocional dos Campionatos de España de tenis de mesa 2013.

Pontevedra prepárase para recibir unas 2.000 persoas durante la semana de competición que garantirán o 100%  de ocupación hoteleira.




A Praza da Peregrina acollerá mañá sábado, día 16, unha novidosa actividade promocional a unha semana vista da celebración en Pontevedra do Campionato de España 2013 e as Copas das Súas Maxestades os Reis de Tenis de Mesa.

O concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, e o presidente do Club de Tenis Monte Porreiro, “Lucho” Álvarez Vilariño, presentaron a iniciativa, que consistirá na habilitación dun recinto ao aire libre, composto por dúas mesas nas que pelotearán os rapaces e os xogadores de elite do equipo pontevedrés.
A actividade, que se celebrará el sábado 16 entre as 17.00 e as 18.30 horas, incluirá algúns “enfrontamentos” con persoas alleas á práctica habitual do tenis de mesa, encabezadas polo propio concelleiro de Deportes, quen anunciou, en ton humorístico, que ofrecerá un nivel “estrepitoso”.
Estará tamén presente a máxima estrela do club pontevedrés, o serbio Dani Conic, que asinará pelotas e dará consellos ás persoas que se acheguen ata a Praza da Peregrina.

Agustín Fernández destacou que o obxectivo desta iniciativa é triplo: achegar o tenis de mesa á cidade, axudar ao Club de Tenis de Monte Porreiro, e, sobre todo, promocionar o el Campionato de España 2013 que, dentro dunha semana comezará en Pontevedra.
“Lucho” Álvarez dixo que trátase dunha idea “estupenda” porque achegará esta modalidade deportiva á gran cantidade de xente que pasa pola Praza da Peregrina un sábado a esas horas.

O Campionato de España e as Copas do Rei 2013 e da Raíña de Tenis de Mesa en Pontevedra serán os primeiros grandes evento deportivo deste ano. Chegará dentro dunha semana, entre o sábado, 23 de febreiro, e o domingo, 3 de marzo, próximos.
A participación está estimada nuns 1.000 deportistas. A repercusión socioeconómica está garantida. Calcúlase nunhas 2.000 persoas o mínimo de asistentes durante a semana de competición, o que garante o 100% de ocupación hoteleira.

15/02/2013

Visit Pontevedra