Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Turismo de Pontevedra acude a Futur para promocionar a cidade no espazo do turismo de congresos.

A concelleira de turismo Carlota Román acudiu a Fitur para participar en varias reunións con axencias de viaxe e maioristas de toda España.




Pontevedra estivo representada en Fitur 2013, feira  celebrada do 30 de xaneiro ao 3 de Febreiro en IFEMA, Madrid,  na que a concellaría realizou diversas xestións con diferentes axentes turísticos. Nesta edición, FITUR contou con máis de 12 000 empresas expositoras de 170 países e destinos turísticos, e máis de 130 000 profesionais participantes o que permite establecer a maior e máis útil rede de contactos empresariais e institucionais.

Na súa intención de promover a Pontevedra no  espazo do turismo MICE (eventos e congresos), a concelleira de Turismo, Carlota Román aproveito esta feira para participar en diversas workshops, e manter encontros con varios organizadores de eventos e congresos que estarían interesados en Pontevedra como sede.

Tampouco foron alleas á visita da concelleira ás posibilidades de promoción turística que encerra o feito da especial relevancia que ten Pontevedra na 68 edición da Volta a España,  e o fomento  dos contactos institucionais.
Neste sentido cabe destacar, a concelleira de turismo participou xunto ao alcalde na presentación da Volta Ciclista a España, mantendo un breve encontro cos seus directivos, como o director técnico, o ex ciclista Abraham Olano.

Na foto a concelleira con Olano, e coa nova Secretaría Xeral de Turismo, Nava Castro.
Visit Pontevedra