Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

A D.O Rias Baixas e Turismo de Pontevedra acordan a promoción conxunta do sector vitivinícola e a cidade de Pontevedra.

Juan Gil Araujo, y Carlota C. Román García, asinaron un convenio que contempla a difusión dos productos asociados ´´a denominación de orixe "Rias Baixas" y da cidade de Pontevedra como produtos turísticos e culturais.




Juan Gil Araujo, Presidente do Conselo Regular da Denominación de Orixe Rías Baixas, e Carlota Román García, Concelleira e Presidenta de Turismo de Pontevedra, asinaron no día de hoxe un convenio que pretende xuntar esforzos na promoción turística e cultural de viño e a cidade. As accións a realizar estarán encamiñadas a outorgar unha maior visibilidade dos produtores asociados a D.O Rías Baixas, nas actividades de promoción turística de Turismo de Pontevedra mediante programas que destaquen tanto a singularidade das instalacións - adegas, edificios históricos- como outras actividades turístico culturais: roteiros, xornadas de degustación, catas, etc.

Juan Gil Araujo manifestou a súa satisfacción por colaborar con Turismo de Pontevedra, e enxalzou as virtudes da cidade á que considera como unha as máis fermosas que coñece. Pola súa banda, Carlota Román destacou a especial relevancia internacional que ten a D.O. Rías Baixas e que permitirá que a cidade sexa visible en notables encontros internacionais de tipo enolóxico como a "HKTDC Hong Kong International Wine and Spirits Fair", axudando deste modo á internacionalización do Pontevedra como destino turístico nun segmento como o do turismo enolóxico de alto valor engadido.

O convenio, que ambas as dúas partes sinalaron como especialmente beneficioso para a cidade, contempla que a D.O. Rías Baixas facilite a visita e o uso da súa sede central no Pazo Mugártegui para aquelas peticións procedentes de Turismo de Pontevedra, especialmente as procedentes da recén creada Oficina de Congresos de Pontevedra, para presentar  unha oferta complementaria de tipo enolóxico aos congresistas que visiten a cidade.
Preténdese así mesmo, a promoción da Ruta do Viño Rías Baixas e a elaboración para cada evento de paquetes específicos de visitas aos distintos itinerarios, así como o uso das adegas para eventos.


29/01/2013

Visit Pontevedra