Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Promoción Económica pon en marcha novos “cursos anticrise” para os empresarios locais.

Carlota Román anunciou a posta en marcha de un curso de creación de empresas  e outro de posicionamento on line.




A Concellería de Promoción Económica, Emprego e Turismo, vai poñer en marcha varias iniciativas relacionadas directamente co combate da crise económica e cos que se pretende asesorar aos empresarios e emprendedores que teñan un negocio ou estean pensando en abrilo.
A concelleira, Carlota Román García, anunciou a posta en marcha de dous novos cursos dirixidos a dotar de ferramentas útiles aos empresarios e emprendedores locais de cara á Creación de Empresas e de Xeoposicionamento Online de negocios. Ambos vanse celebrar na Casa da Luz entre finais de febreiro e principios de marzo.

Cando o desemprego se sitúa preto dos 9.000 pontevedreses, o 21% da poboación activa é preciso tomar medidas, dixo a concelleira. Se acaso lamento non dispoñer de máis recursos para adoptar máis iniciativas deste tipo, pero, dende logo, na Administración local non podemos quedar de brazos cruzados. Aínda que as políticas de emprego sexan competencia da Xunta de Galicia.

O curso de Creación de Empresas celebrarase durante os días 20, 21, 22, 27, 28 de febreiro e o 5 e 6 de marzo, cunha duración total de 35 horas. O temario incluirá os seguintes temas: ¿Teño o perfil necesario para emprender?, Guía para crear un plan de negocios, Formas xurídicas: empresario individual e colectivo, documentación necesaria; Axudas e subvencións; O plan de márketing: como vender o meu produto ou servizo; Plan de investimento; Plan de financiamento, tipos e negociación coas entidades financeiras; Análise económica e financeira: orzamento de ventas, contas de resultado; O contrato de traballo: modalidades.

O curso de Xeoposicionamento Online consistirá nunha xornada intensiva de 2,5 horas a celebrar o próximo día 26. A continuación haberá tres horas de tutorización individualizada de cada participante nas datas que se acorden cos alumnos.
Os obxectivos desta oferta pasan por facilitar a aprendizaxe de ferramentas gratuítas de xeoposicionamento, co fin de obter información relevante para os negocios; mellorar a presenza na Internet e propoñer estratexias de actuación cos clientes no marco 2.0.

O curso estrutúranse en tres módulos. O primeiro abordará o xeoposicionamento a través de Google+ e Google Place, o segundo ocuparase da rede social Foursquare e o terceiro centrarase nos códigos QR.

Por outra banda, a concelleira Carlota Román anunciou a organización de cursos complementarios para os participantes nos itinerarios de formación do plan Iniciativa Local de Emprego Social (ILES). Trátase, indicou, dun reforzo para aqueles alumnos que teñen rematado con aproveitamento a súa formación, co obxectivo de remover obstáculos que dificultan  a súa empregabilidade.
Así poranse en marcha senllos cursos para a obtención do carné de conducir con 15 prazas cada un. O curso para obter o carné inclúe a matrícula, material didáctico, clases teóricas, taxas de exame e 15 prácticas. O de Informática centrarase no entorno Windows e as suites de ofimática.


28/01/2013

Visit Pontevedra