Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

O video de Diego en Youtube sobre Pontevedra supera as 4.000 reproducións en catro días.

A concelleira de turismo, Carlota Román destaca o enorme potencial das redes sociais para "exportar" a imaxe de Pontevedra.




A cidade de Pontevedra forma parte dende hai catro días da selecta colección de 44 destinos incluídos dentro do canal de Youtube “Viajando con Diego”. O “videoblogger” Diego Pons volveu hoxe á cidade para presentar o seu último traballo, que en só catro días, superou xa a cifra de 4.200 reproducións.
Pons explicou que o vídeo estará tamén aloxado no canal propio de “Visit-Pontevedra” e súmase a unha listaxe na que se atopan lugares e ofertas de lecer de todo o mundo. A reportaxe está centrada en Pontevedra, pero dá tamén un repaso ás posibilidades de lecer máis próximas en Poio, Marín e Pontecaldelas.

A concelleira de Promoción Económica e Turismo, Carlota Román, está encantada con esta achega, que enriquece os recursos audiovisuais pontevedreses e actualiza a última produción audiovisual do seu departamento: “Pontevedra é un amor”, que xa tivo unha ampla repercusión na Rede. A edil destacou a aposta que o seu departamento está a facer pola promoción da cidade a través das redes sociais, unha fórmula que resulta barata e achega resultados magníficos.
En opinión de Román, estamos diante dun vídeo moi especial, centrado no punto de vista dun turista
(aínda que sexa de luxo), como Diego Pons. Un turista “experienciado” que ten o talento e a frescura de amosármonos as súas vivencias nun ton afastado da clásica promoción institucional.

O autor confirmou estas impresións ao recalcar que traballa sen guión e, na medida do posible, sen
informarse previamente. Aposta pola casualidade e por unha regra básica: “o que a min me gusta,
gústalle á maioría da xente”. Polo tanto, o único fío condutor é tratar de pasalo ben e transmitir unha
experiencia “natural”. Froito deste enfoque son os saltos, os xestos, as aproximacións á cámara e as
tomas falsas coas que conclúen os seus traballos.

Diego Pons subliña que o que máis lle gusta de Pontevedra é o seu carácter de cidade peonil e humana, pero tamén o ben que se come. Afirma que ten visto moitas cidades no mundo, pero poucas que conseguiran despexar dun xeito tan claro a interferencia dos coches. Amosouse encantado coa repercusión do vídeo nestes catro días que leva colgado. Vese que vai funcionar ben, anticipou. Nos próximos días comezará o labor de difusión na Rede, incluída a súa presenza en Fitur.

Carlota Román tamén anunciou que o vídeo xa pode ser visto na Casa da Luz, onde se reproduce de continuo, mesmo durante as primeiras horas da noite, nunha das pantallas exteriores.
Diego Pons, viaxeiro incansable por todo o mundo, é un guitarrista profesional reciclado (“por casualidades da vida”) á promoción turística a través da Internet. Os seus traballos contan con centos de miles de seguidores en todo o mundo, a través de Youtube, Facebook e Twitter. Compaxina esta actividade coa música, na que nos últimos anos derivou á faceta empresarial a través da súa marca propia de guitarras e o seu obradoiro de lutier e encargado do mantemento dos instrumentos de coñecidos artistas.

Pons chegou a Pontevedra durante o pasado mes de novembro formando parte da listaxe de relatores do congreso “Ponte na rede”, que ofreceu valiosos consellos de expertos en varias disciplinas para axudar ás empresas turísticas de toda a provincia a deseñar e promocionar a súa oferta na Internet. A súa ponencia, que clausurou o congreso, suscitou un gran impacto entre os profesionais do sector.
Visit Pontevedra