Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

A “Noite Branca” dinamizará o comercio do Centro Histórico enchendo de arte os escaparates e a Casa da Luz

A colaboración entre a Concellería de Promoción Económica, Emprego e Turismo e a facultade de Belas Artes fai posible a posta en marcha dunha campaña de dinamización do comercio do Centro Histórico que nace co nome de “Noite Branca”.




A cita é o próximo xoves, 20 de decembro, e celebrarase entre a hora do peche comercial, as 20 horas, e as 22 horas. O obxectivo é facer máis visible ao comercio local a través de intervencións artísticas efémeras e poñer e valor os traballos artísticos dos alumnos da Facultade de Belas Artes.
 A campaña foi presentada hoxe pola concelleira, Carlota Román, e a vicedecana de Cultura e Relacións Institucionais, Silvia García.
 Román destacou que unha liña estratéxica do seu departamento é a colaboración coa Universidade, polo que se amosou feliz de poder combinar nunha mesma iniciativa o apoio ao comercio local e aos alumnos e artistas novos que se están a formar na facultade pontevedresa. Destacou que hai tempo que lle pediron medidas para tratar de dinamizar o Centro Histórico, e especialmente o eixe formado polas rúas Sierra e César Boente, que están a sufrir especialmente nos últimos anos. Con esta iniciativa dáse resposta á reclamación.

 Por outra banda, a concelleira destacou que con esta e outras campañas, entre as que destaca “Pontexogos” co seu lema “Que non nos quiten a ilusión!”, o Concello pretende paliar os terribles efectos da suba do IVE, a liberalización de horarios ou a supresión da paga extra aos funcionarios.

 Silvia García admitiu que, ás veces, a Universidade céntrase tanto na actividade académica e burocrática que fica un tanto desconectada da cidade. Hai que impulsar ideas que sirvan para que o talento de artistas que non teñen posibilidade de participar en grandes exposicións, como Arco, ou colocar as súas obras nos museos, podan chegar ao gran público. Puxo o exemplo dos grafiteros, que normalmente se asocian ao gamberrismo, cando hai moita xente adherida a este movemento e que traballa sobre plantillas de papel e respectando a pedra e o mobiliario urbano.
 A Noite Branca terá como peza central un Circuíto artístico polas rúas Sierra e Cesar Boente. Os alumnos de Belas Artes intervirán sobre seis escaparates de locais comerciais baleiros mediante a técnica de “branco de España” que permite a removilidade da intervención, con ilustracións e intervencións artísticas sorprendentes. O “branco de España” é a pintura que cobre temporalmente os escaparates das tendas pechadas ou en proceso de renovación. Crearanse así sorprendentes lenzos de cristal que impactarán ao viandante. Durante os días previos será posible observar o proceso de elaboración, xerando así expectación entre o público.
 Un total de 35 comercios xa se teñen sumado á campaña. Para elo, realizarán ofertas e promocións especiais para a “Noite Branca”. En todos estes establecementos haberá tamén unha intervención artística efémera, que funcionará a modo de reclamo e distintivo da participación na campaña.
 A “Noite Branca” terá tamén unha ruta autoguiada. Utilizarase como recurso señalético a colocación de globos con leds interiores nas rúas onde se sitúan os comercios participantes. Deste xeito facilitarase a visibilidade da proposta e o seguimento para os clientes.
 O último elemento será a posta en marcha dun Mercado artístico na Casa da Luz, composto por propostas artísticas de estudantes da Facultade de Belas Artes. Alimentarase dunha convocatoria organizada conxuntamente co Decanato da facultade. As obras serán seleccionadas por un xurado proposto polo propio Decanato, que garanta a calidade e heteroxeneidade. Esta acción ten o dobre obxectivo de dar a coñecer á cidade o traballo que se fai na facultade, e sensibilizar ó alumnado das posibilidades comerciais e produtivas do seu traballo.
Visit Pontevedra