Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Ponte en Nadal, II Concurso de Escaparates de Pontevedra arranca con 47 establecementos comerciais inscritos.

A concelleira de Promoción Económica e Turismo, Carlota Román salienta a alta participación en Ponte en Nadal e a necesidade de impulsar actividades que dinamicen o comercio neste momento de crise.




Os escaparates de Pontevedra volven engalanarse da man do segundo concurso organizado pola Concellería de Promoción Económica, Emprego e Turismo. O certame, que chega coa denominación “Ponte en Nadal” conta coa participación de 47 comercios da cidade, unha cifra que supón un importante incremento sobre os 32 que se sumaron á primeira edición, celebrada a pasada primavera.

O concurso conta co apoio do Centro Comercial Urbano Zona Monumental e a asociación local de empresarios Aempe.
A concelleira, Carlota Román, amosa a súa satisfacción polo crecemento na participación, cumprindo así as expectativas xeradas hai só uns meses. Ademais, queda claro que o concurso estende o ámbito a diversas zonas comerciais da cidade, como era desexable, despois de que na primeira edición quedara un tanto limitado ao Centro Histórico.

Os escaparates deberán manterse dende agora ata o sábado, 15 de decembro incluído. A decoración será alegórica do ambiente propio do Nadal, con total liberdade en canto a técnica e o estilo a desenvolver.

O público poderá participar no sorteo de cheques compra cubrindo os seus datos na papeleta que se lles entregará por cada compra nos establecementos participantes e depositándoo nas urnas habilitadas na Casa da Luz (Praza da Verdura) en horario de 9.30 a 14 horas e de 16.30 a 19.30 horas, de luns a sábado, e o domingo de 10 a 14 horas. En ningún caso, unha mesma persoa poderá resultar gañador mais dunha vez.

O xurado estará presidido pola concelleira de Promoción Económica e haberá un representante do Centro Comercial Urbano Zona Monumental, Aempe, dos medios de comunicación e un escaparatista profesional.

Os comercios competirán por tres premios. O primeiro e gañador levará 500 euros e diploma. O segundo, 300 euros máis diploma. Finalmente, o terceiro, 200 euros máis diploma.

Os clientes participantes que entreguen as papeletas optarán ao sorteo de 10 cheques-compra por valor de 20 euros a consumir entre os establecementos adheridos a Zona Monumental e Aempe e en todos os comercios que participen no concurso.

A relación de establecementos participantes é a seguinte:
  • CASUAL. C/ Sarmiento nº 29
  • FERRETERIA VARELA. C/ Don Gonzalo Nº 4
  • MERCERIA O ARCO. C/ Don Gonzalo nº 12
  • CHAMONIX MODA. C/ Manuel Quiroga nº 6
  • ERNESTO FILGUEIRA. C/ César Boente nº 3
  • ERNESTO FILGUEIRA. Praza de Méndez Núñez nº 17
  • LA CASA WINCHESTER. C/ Real nº 20
  • DROGUERIA MODERNA. Praza de Curros Enríquez nº 8
  • EL ARMARIO DE AUDREY. C/San Román nº 21
  • MARIA IGLESIAS PELUQUERIA. Praza de Barcelos 27 baixo
  • GOCCO. C/ Cruz Gallastegui nº 3
  • GELEE. Praza da Verdura nº 4
  • HIPERMASCOTA. Avda. Eduardo Pondal nº 8 baixo
  • BEATRIZ BAQUEIRO VIDAL FOTROGRAFIA. Galerías da Oliva local 21
  • JOYERIA TALLER DAVID COUTO. C/ Jose Adrio Barreiro nº 79
  • EMBA JOYEROS. C/ Marques de Riestra nº 7
  • TON-SAC. C/ Fray Juan de Navarrete nº 3
  • MAGDALENA SALA. C/ Oliva nº 26, bajo A
  • COQUETA. C/ Michelena nº 16
  • LEMBRANZAS. C/ José Adrio Barreiro nº 3 local 4
  • DICENFOT. C/ Cruz Gallastegui nº 1
  • SUNSET BULEVARD. C/ Peregrina nº 5
  • ZAPATA. C/ Manuel Quiroga nº 9
  • ADMINISTRACION DE LOTERIA Nº 7 – DORITA. C/ Loureiro Crespo nº 18 baixo.
  • JUNCAL ALIMENTACION. C/ Peregrina nº 9
  • POETE. C/ Manuel Quiroga nº 4
  • GANGAS. C/ César Boente nº 17
  • VESTIGIUM. C/ Oliva nº 25
  • D’BAÑO & HOGAR. Praza de San José nº 2
  • NALATCHA. Galerías Peregrina baixo 7
  • EL LAGARTO ESTA LLORANDO. C/ García Camba nº 9
  • GARCOVI. Galerías Oliva 14 – local 8
  • EQUIVALENZA. Galerías Oliva nº 7
  • MEIGA. Galerías Oliva nº 2 – local 27
  • FLORISTERIA SOPORTALES 8. C/ Soportais nº 8
  • BAMBOLA. C/ Cruz Gallastegui nº 5
  • BISTT9. C/ Castelao nº 9
  • TANISA. C/ Fernández Villaverde nº 4
  • GENFIS. Plaza da Ferrería nº 1
  • HOMES. C/ Michelena nº 2
  • DETALIA. Galerías de la Oliva nº 2- local 11
  • AMARANTE SETEM. C/ San Román nº 9
  • LAS MERCEDITAS DE IRIA. C/ Joaquín Costa nº 6
  • PERRO VERDE. C/ Cobián Roffignac nº 12
  • FIBULA. C/ San Román nº 19
  • PIAF. Nuevas Galerías da Oliva nº 6
  • BROSPER. C/ Fray Juan de Navarrete nº 3
Visit Pontevedra