Aumenta-lo tamaño do texto Voltar ó tamaño orixinal do texto Reduci-lo tamaño do texto

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

Visit Pontevedra - Turismo Pontevedra

Pontevedra, a capital das Rías Baixas

« »
 

Comeza a quinta edición de “Pontedetapas”

Carlota Román, Antón Louro e Pablo Fernández deron comezo ao certame gastronómico, que se celebrará ata o 9 de novembro.




O certame gastronómico “Pontedetapas” comezou hoxe para prolongarse ata o próximo 9 de decembro, aproveitando así á ponte da Inmaculada. A concelleira de Promoción Económica e Turismo, Carlota Román, acompañada do tenente de alcalde, Antón Louro, e o concelleiro do Partido Popular, Pablo Fernández foron os primeiros en participar nesta nova andaina  degus-tando a proposta dun dos establecementos.

Desta volta son 44 os locais pontevedreses que se sumaron á iniciativa que impulsa a Concellería coa colaboración da Asociación de Hosteleiros (Hoaspo).

O custo das tapas seguirá en 1,50 euros, bebida non incluída. Apostouse por manter o mesmo prezo que xa se fixou para a primeira edición e que, dende entón, permanece invariable.

Finalmente, a concelleira desvelou que manterase a mesma estrutura de premios. Non obstante, haberá menos viaxes e máis cheques-regalo para gastar no comercio local. A situación económica e a implantación de medidas lesivas para o consumo como a suba do IVE ou a su-presión da paga extra dos traballadores públicos aconsellaban esta reorientación.

Máis información sobre locais e a relación de tapas na web do certame:

www.pontedetapas.es



23/11/2012

Visit Pontevedra